A batalla de Pichincha ocorreu o 24 de maio de 1822, nas ladeiras do volcán Pichincha, a máis de 3 000 metros sobre o nivel do mar, xusto enriba da cidade de Quito, no Ecuador actual.
O encontro, que ocorreu no contexto das guerras de independencia de Suramérica, enfrontou ao exército independentista baixo o mando do xeneral Antonio José de Sucre e ao exército realista comandado polo mariscal de campo Melchor Aymerich. A derrota das forzas realistas leais a España conduciu á liberación de Quito e asegurou a independencia das provincias que pertencían á Real Audiencia de Quito, tamén coñecida como a Presidencia de Quito, a xurisdición administrativa colonial española da que eventualmente emerxeu a República do Ecuador.
Categoría:Batallas da independencia de Ecuador Categoría:Batallas do século XIX Categoría:1822