Tania Justina León, nada na Habana o 14 de maio de 1943, é unha compositora e directora de orquestra cubana.

Traxectoria

Formación Comezou os estudos de piano aos catro anos e na década de 1960 estudou en conservatorios da Habana e na Universidade de Nova York.

Carreira profesional Pouco despois de graduarse, converteuse nunha das fundadoras do Dance Theatre de Harlem e no seu primeiro director musical.

Implicada en importantes proxectos e institucións musicais estadounidenses, foi invitada a dirixir importantes orquestras de todo o mundo, como en Holanda, Italia e Suráfrica.

Recoñecementos En 1998 recibiu o Governor's Award de Nova York e tamén da American Academy of Arts and Letters, entre outras moitas mencións e premios importantes.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

"Compositora cubana, Premio Pulitzer de Música 2021" - YouTube (en castelán)

Categoría:Nados na Habana Categoría:Compositores de Cuba Categoría:Nados en 1943