Forshaga é un municipio sueco (kommun) do condado de Värmland. A súa capital é a localidade de Forshaga. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 11 520 habitantes.
Historia administrativa A área do concello correspóndese coa das parroquias de Nedre Ullerud, Övre Ullerud e unha pequena parte da de Grava. Nesas parroquias fundáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862.
No municipio rural de Grava estableceuse o 1 de novembro de 1907 a localidade municipal de Forshaga, disolta a finais do ano 1943 cando se formou o köping de Forshaga. O 22 de decembro de 1944 estableceuse a localidade municipal de Deje, disolta a finais de 1956.
Coa reforma municipal de 1952 os concellos rurais de Nedre e Övre Ullerud fusionáronse para formar o de Ullerud, mentres que o köping de Forshaga quedou sen cambios.
O actual municipio de Forshaga fundouse coa reforma municipal de 1971 a partir do köping de Forshaga. En 1974 incorporaríase o concello de Ullerud.
Xeografía O concello limita ao norte co municipio de Munkfors, ao oeste cos de Sunne e Kil, ao sur co de Karlstad, e ao nordés co de Hagfors.
Topografía e hidrografía Os vales na paisaxe discorren principalmente en dirección norte-sur, o que é en parte consecuencia da natureza do leito rochoso. A pesar do leito rochoso de gneis acedo e pobre e nutrientes, hai elementos de hiperita, unha rocha escura e calcaria, que creou unha flora diversa con árbores caducifolias e herbas como a Daphne mezereum e a Actaea spicata en lugares como Örtensjöarna. O levantamento do terreo moldeou a paisaxe a través da remodelación do xeo e das ondas, con campos de croios como no lado norte de Skarsjöberget e marcas costeiras ao oeste do Svinsjön e en Trollsjöberget.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Värmland