John Wick é un filme estadounidense de 2014 dirixido por Chad Stahelski e escrito por Derek Kolstad. Está protagonizado por Keanu Reeves, Michael Nyqvist, Alfie Allen, Adrianne Palicki, Bridget Moynahan, Dean Winters, Ian McShane, John Leguizamo e Willem Dafoe. É o primeiro título da franquía cinematográfica John Wick. Conta a historia dun exasasino, John Wick, e o seu intento de dar caza aos homes que entraron na súa casa, roubaron o seu coche de época e mataron o seu cadelo, que foi o último agasallo que lle fixo a súa muller recentemente falecida.

O filme recibiu valoracións positivas, sendo considerada polos críticos como unha das mellores interpretacións de Reeves e un dos mellores filmes de acción de 2014. Recadou 86 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 20–30 millóns. A súa secuela, John Wick: Chapter 2, estreouse en 2017, e tivo un éxito comercial e de crítica comparable ao primeiro.

Personaxes Keanu Reeves como John Wick Michael Nyqvist como Viggo Tarasov Alfie Allen como Iosef Tarasov Adrianne Palicki como Ms. Perkins Bridget Moynahan como Helen Wick Dean Winters como Avi Ian McShane como Winston John Leguizamo como Aurelio Willem Dafoe como Marcus

Notas

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Chad Stahelski Categoría:Filmes dirixidos por David Leitch Categoría:Filmes producidos por Basil Iwanyk Categoría:Filmes con banda sonora de Tyler Bates Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Thunder Road Films Categoría:Filmes de Summit Entertainment Categoría:Filmes de Lions Gate Entertainment Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes rodados no estado de Nova York Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en Nova Jersey Categoría:Filmes sobre cans