Gryphaea arcuata é unha especie extinta de moluscos mariños da clase dos bivalvos, subclase dos pteriomorfios, orde dos ostreidos, superfamilia dos ostreoides, unha das tres incluídas na familia dos grifeidos, da que é a súa especie tipo.Gryphaea Lamarck, 1801 † no WoRMS. Consultado o 28 de agosto de 2022.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1801 polo naturalista francés Jean-Baptiste Lamarck.Gryphaea arcuata Lamarck, 1801 † no WoRMS. Consultado o 28 de agosto de 2022.
Características Es un molusco bivalvo de cuncha non equivalva, subequilátera ao plano da comisura. É de tipo monomiario, e ten unha bisagra disodonta e unha área de ligamento estriada. A valva esquerda presenta liñas de crecemento a miúdo claramente visíbeis, é moi empenada e está curvada como un gancho ou garra, e a dereita é plana e pequena, en forma de opérculo.
A valva máis grande asentábase sobre o fondo mariño. O animal vivía entre as dúas valvas, como as ostras actuais, a as liñas de crecemento que presentan as dúas valvas son moi características. A pequena é plana e tería a función de "tapa"
Rexistro fósil Os fósiles rexistrados datan do Xurásico temperán de Europa, encontrados en sedimentos entre os pisos Hettanxiano e Baxociano (entre 196,5 e 183,0 Ma).† Gryphaea arcuata Lamarck 1801 en Fossilworks.
Na cultura popular No folclore inglés chámase comunmente a devils toenail (a uña do pé do diaño) debido á súa suposta semellanza co "pezuño fendido" do diaño.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía David Ward (2002): Fossils. DK Smithsonian Handbook. ISBN 978-0-7894-8984-5, p. 101. Gould, Stephen J. (1980): The Evolution of Gryphaea. Arno Press. ISBN 0-4051-2751-0.
Outros artigos Pteriomorfios Ostreidos Ostreoides Grifeidos Gryphaea
Categoría:Ostreidos