miniatura|280px|As dúa valvas de dous espécimes de Aequipecten opercularis miniatura|280px|Cunchas de Aequipecten flabellum

Aequipecten é un xénero de moluscos bivalvos mariños da orde dos ostreidos, superfamilia dos pectinoideos, familia dos pectínidos, subfamilia dos pectininos e tribo dos equipectininos,Aequipecten P. Fischer, 1886 no WoRMS. Consultado o 28 de agosto de 2022. da que é o seu xénero tipo.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1886 por Paul Henri Fischer, médico, paleontólogo e zoólogo francés especializado en malacoloxía, no seu traballo: Fischer, P. (1880): Manuel de conchyliologie et de paléontologie conchyliologique, ou histoire naturelle des mollusques vivants et fossiles suivi d’un Appendice sur les Brachiopodes par D. P. Oehlert. Avec 23 planches contenant 600 figures dessinées par S. P. Woodward. París: F. Savy. Aequipecten P. Fischer, 1886 en Catalogue of Life.

Etimoloxía O nome científico Aequipecten está formado polos elementos Aequi- e -pecten. O primeiro e o xenitivo do nominativo masculino singular do adxectivo latino æquus, -a, -um, "igual", e o segundo deriva no nome do xénero Pecten, aludindo é súa semellanza con este.

Sinónimos Ademais de polo seu nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos: Aequipecten (Aequipecten) P. Fischer, 1886 Aequipecten (Perapecten) H. P. Wagner, 1985Aequipecten (Perapecten) Wagner, 1985 Chlamys (Aequipecten) P. Fischer, 1886 Pecten (Aequipecten) P. Fischer, 1886

Especies Na actualidade (2022) recoñécense no xénero as seguintes especies: Aequipecten atlanticus (E. A. Smith, 1890) Aequipecten commutatus (Monterosato, 1875) Aequipecten flabellum (Gmelin, 1791) Aequipecten glyptus (A. E. Verrill, 1882) Aequipecten heliacus (Dall, 1925) Aequipecten nicklesi Dijkstra, 1998 Aequipecten opercularis (Linnaeus, 1758)

Carcateríticas As especies deste xénero teñen as valvas máis ou menos desiguiais, pleurotécticas (coa valva dereita abaixo), viven libres suxeitas ao substrato por un biso. Cuncha de perfil cricular, con costelas radiais, e con expansións a modo de "ás" (orellas) no bordo do peche entre as valvas, unidas por un ligamento cunha cartlaxe central. O interior das valvas é aporcelanado.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Lindner, Gert (1977): Moluscos y caracoles de los mares del mundo. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-308-3.

Outros artigos Ostreidos Pectinoideos Pectínidos Pectininos Equipectininos

Ligazóns externas Aequipecten P. Fischer, 1886 en Catalogue of Life.

Categoría:Pectínidos