A melibiosa é un disacárido redutor formado por unha galactosa e unha glicosa unidas por enlace glicosídico α-1,6 (por tanto, é D-Gal-α(1→6)-D-Glc). Diferénciase da lactosa na quiralidade no carbono no que se pecha o anel da galactosa (na lactosa está en forma β) e en que a glactosa está unida a un carbono diferente da glicosa (na lactosa é o C4). Pode formarse por unha hidrólise mediada por unha invertase da rafinosa, que rende melibiosa e frutosa. A melibiosa pode degradarse nos seus compoñentes sacáridos, glicosa e galactosa, por un encima alfa-galactosidase, como o MEL1 de Saccharomyces pastorianus (lévedo da cervexa lager). O lévedo Saccharomyces cerevisiae (lévedo da cervexa ale) non pode usar a melibiosa, o que serve como proba para diferenciar estas dúas especies de lévedos.
Notas
Categoría:Disacáridos