A economía da Polonia está diversificada, dividida entre as industrias de construción naval, produción de carbón, aceiro e enerxía eléctrica, e unha agricultura importante.

A máis importante concentración industrial ocorre na Silesia, unha área moi rica en carbón mineral, onde se localizan industrias siderúrxicas, químicas e de maquinaria. Outras áreas importante son: Varsovia (industrias siderúrxicas e mecánicas), e Gdansk (industrias de construción naval).

A agricultura baséase principalmente na produción de pataca e remolacha azucreira, xuntamente coa cría de porcos.

Polonia é estado membro da Unión Europea dende o 1 de maio de 2004.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Casa da Moeda de Polonia