reNOVA GALIza é unha revista editada en Cataluña polo Foro Cívico Galego de Barcelona.

Historia e características Pretende ser a herdeira renovada e actualizada da tradición de publicacións galegas na emigración, neste caso en Cataluña. Unha tradición que comezou coa revista Nova Galiza, fundada en Barcelona por Castelao e Rafael Dieste en 1937. Tamén Nueva Galicia. Portavoz de los antifascistas gallegos (1936-1938) que, fundada en Madrid, chegouse a editar durante un tempo da súa andaina tamén na cidade de Barcelona.

O primeiro número da revista viu a luz no ano 2005. Posteriormente, entre os meses de xullo e setembro do ano 2006, foron presentados tanto o segundo número como o extra dedicado ós galegos e as galegos do mundo (A Galiza global).

O monográfico da revista titulado As galegas e os galegos do mundo recibiu o premio da Xunta de Galicia á mellor revista editada polas entidades galegas no exterior no ano 2007. O premio expresa o recoñecemento daqueles traballos que en diversos ámbitos culturais contribúen a un mellor coñecemento do fenómeno migratorio galego.

Equipo de redacción Camilo F. Valdehorras (director) Suso Mon (subdirector) Xavi Poza (xestor-xornalista) Pablo Aguiar Fernández Xosé Antón Armesto Montse Cachafeiro Paco Castro Helena Domínguez Judith Vázquez Álvarez Sonia Villapol

Véxase tamén Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega Ligazóns externas Foro Cívico Galego de Barcelona

"'reNOVA GALIza' preséntase en Compostela e na Coruña" (9/1/2007) Vieiros.

Categoría:Revistas en lingua galega Categoría:Revistas editadas en Barcelona Categoría:2005