O Athlitikos Syllogos Karditsas (en grego: Αθλητικός Σύλλογος Καρδίτσας), coñecido por motivos de patrocinio como Karditsa Biologiko Xorio, é un equipo profesional de baloncesto grego con sede na localidade de Karditsa, Tesalia. O club compite desde a temporada 2022−23 actualmente na máxima categoría do baloncesto grego, a A1 Ethniki. Foi fundado en 2016 e xoga os seus encontros como local no Neo Kleisto Gymnastirio Karditsas, recinto con capacidade para 2 505 espectadores ampliábeis até os 3 500.

Historia O AS Karditsas foi fundado na súa forma actual en 2006, como resultado dunha fusión entre os clubs A.S. Karditsa-21os Aionas e o G.S. Amilla Karditsas. O Karditsa-21os Aionas xa fora formado a partir da fusión entre o Aiada Karditsas e o Filathlitikou Karditsas, mentres que o Amila Karditsas formouse a partir da fusión entre o G.S. Karditsas, onde o coñecido xogador grego Ioannis Bourousis comezou a xogar ao baloncesto xuvenil, e o Anagennisis Karditsas. Como resultado, considérase xeralmente que o club actual incorpora a historia e tradición de todos os clubs anteriores. O club xogou na C Ethniki de cuarta categoría durante a temporada 2014−15, ascendendo sucesivamente até a A1 Ethniki, a máxima categoría, na temporada 2022−23 tras gañar a A2 Ethniki coa colaboración no último ano de xogador de Bourousis.

Xogadores Destacados

Ioannis Athinaiou Ioannis Bourousis Dimitris Gravas Nikos Kalles Theodoros Karras Spyros Magkounis Alexis Spyridonidis Theodoros Tsiloulis Dimitrios Verginis Javin DeLaurier Milovan Drašković Stefan Đorđević

Palmarés Segunda División de Grecia Campión (1): 2022

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial

Karditsas