Philip John Noel-Baker, nado o 1 de novembro de 1889 en Brondesbury Park (Londres) e finado o 8 de outubro de 1982 en Canterbury, foi un político, diplomático e atleta británico, que recibiu o Premio Nobel da Paz en 1959.

Traxectoria De familia cuáquera educouse en Inglaterra e nos Estados Unidos. Participou nos Xogos Olímpicos de 1912, 1920 e 1924, levando unha medalla de prata en 1500 metros en Anveres 1920. Durante a primeira guerra mundial organizou a Friends' Ambulance Unit da fronte francesa e estivo no servizo de ambulancias da fronte italiana. Despois da guerra participou na formación da Liga de Nacións como axudante de Robert Cecil, foi profesor de dereito internacional na Universidade de Londres (1924-1929). Politicamente adscrito ó Partido Laborista competiu sen éxito na circunscrición de Coventry para o Parlamento en 1924, si accedeu nas eleccións de 1929, perdeu nas eleccións de 1931 e de novo volveu ó parlamento en 1936 por Derby, cando a circunscrición se dividiu en 1950 el pasou á de Derby sur e seguiu no parlamento ata 1970. En 1977 foi promovido a barón Noel-Baker. Foi presidente do Partido Laborista en 1946, secretario de Estado do Aire (1946-1947) e secretario de Estado para as relacións coa Commonwealth (1947-1950)

Categoría:Membros do Parlamento do Reino Unido Categoría:Políticos do Partido Laborista do Reino Unido Categoría:Premio Nobel da Paz Categoría:Atletas de Inglaterra Categoría:Mediofondistas Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1982 Categoría:Premios Nobel do Reino Unido Categoría:Nados en Londres Categoría:Atletas olímpicos do Reino Unido Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1912 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1920 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1924 Categoría:Medallistas olímpicos de prata polo Reino Unido Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1920