1928 (MCMXXVIII) foi un ano bisesto comezado en domingo segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos 9 de febreiro - En Nicaragua, o xeneral Augusto César Sandino e 6000 guerrilleiros emprenden unha aplastante ofensiva contra as tropas estadounidenses que ocupan o país. 18 de abril - En Portugal, António de Oliveira Salazar é nomeado ministro de Finanzas do goberno do coronel José Vicente de Freitas. 22 a 29 de abril - En Francia vence a dereita (Union Nationale) dirixida por Raymond Poincaré nas eleccións lexislativas. 17 de maio - Inaugúrase o servizo telefónico entre España e Portugal. 2 de xullo - En Gran Bretaña e Irlanda do Norte, as mulleres obteñen o dereito ao voto. 12 de outubro - Arxentina: Hipólito Yrigoyen elixido presidente (ata 1930). José María Escrivá de Balaguer funda o Opus Dei. miniatura|Portada dun exemplar da prensa da época. miniatura|Una extraña aventura, 3ª, obra de Máximo Ramos, publicada en Blanco y Negro en 1928.

Nacementos 1 de xaneiro - Carlos Barral, poeta e editor español. 5 de xaneiro Zulfiqar Ali Bhutto, presidente e primeiro ministro do Paquistán (m. 1979). Sultan bin Abdul Aziz, príncipe de Arabia Saudita (m. 2011). Walter Mondale, 42do vicepresidente estadounidense (m. 2021). 24 de xaneiro - Desmond Morris, antropólogo, zoólogo e escritor estadounidense. 26 de febreiro - Fats Domino, músico estadounidense. 27 de febreiro - Ariel Sharon, primeiro ministro israelí. 6 de marzo - Gabriel García Márquez, escritor colombiano. 18 de marzo - Fidel Valdez Ramos, presidente de Filipinas. 19 de marzo - Hans Küng, sacerdote, filósofo e teólogo suízo. 30 de marzo - Tom Sharpe, escritor inglés. 6 de abril - James Watson, bioquímico xenético estadounidense premio Nobel de Medicina en 1962. 22 de xuño - Gino Bramieri, actor e cómico italiano. 26 de xullo - Stanley Kubrick, director de cine estadounidense (m. 1999) 26 de xullo - Francesco Cossiga, presidente de Italia 27 de xullo - Joseph William Kittinger II aviador e oficial da Forza Aérea dos Estados Unidos. 6 de agosto - Andy Warhol, pintor estadounidense da pop-art (m. 1987). 22 de agosto - Karlheinz Stockhausen, compositor alemán (m. 2007). 25 de agosto - Herbert Kroemer, físico alemán, Premio Nobel de Física en 2000. 31 de agosto - James Coburn, actor estadounidense (m. 2002). 5 de setembro - Corneliu Gârbea, actor romanés. 19 de setembro - Adam West, actor estadounidense (coñecido polo seu traballo na serie Batman). 30 de setembro - Elie Wiesel, autor romanés e sobrevivente do Holocausto, Premio Nobel da Paz. 1 de outubro - George Peppard, actor estadounidense (m. 1994). 30 de outubro - Daniel Nathans, microbioloxista estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina. 3 de novembro - Xosé Neira Vilas, escritor galego. 10 de novembro - Ennio Morricone, compositor italiano. 11 de novembro - Carlos Fuentes, escritor mexicano. 17 de novembro - Arman (Armand Pierre Fernández), pintor e escultor franco-americano. 28 de novembro - Xesús Alonso Montero, filólogo e escritor galego. 7 de decembro - Noam Chomsky, escritor, politicólogo e lingüista estadounidense. 22 de decembro - Fredrik Barth, antropólogo noruegués. 30 de decembro - Bo Diddley, músico estadounidense. Youssouf Gueye - escritor mauritano (m. 1988).

Mortes 21 de xaneiro - Román Rodríguez de Vicente, enxeñeiro e político galego (n. 1887). 28 de xaneiro - Vicente Blasco Ibáñez, escritor español. 28 de xaneiro - Xesús Fernández González, escritor e xornalista galego (n. 1870). 30 de xaneiro - Johannes Fibiger, médico danés, premio Nobel de Medicina en 1926. 4 de febreiro - Hendrik Lorentz, físico e matemático holandés, premio Nobel de Física en 1902. 21 de febreiro - Servando Gerpe Calvo, xornalista galego. 27 de febreiro - Ramón del Cueto Noval, enxeñeiro e xornalista vinculado a Galiza. 31 de marzo - Evaristo Martelo Paumán, escritor galego. 2 de abril - Theodore Richards, químico estadounidense, premio Nobel de Química en 1914. 10 de maio - Ivan Merz, universitario leigo croata beatificado polo Papa Xoán Paulo II. 19 de maio - Max Scheler, filósofo alemán. 26 de maio - Julio Carballo Enríquez, avogado e xornalista galego (n. 1861). 4 de xuño - Zhang Zuolin, caudillo militar chinés (n. 1875). 24 de xullo - Julián Estévez, agrarista e político galego (n. 1855). 30 de agosto - Wilhelm Wien, físico alemán, premio Nobel de Física en 1911. 10 de setembro - Ramón Navarro, pintor galego (n. 1854). 13 de setembro - Italo Svevo, escritor italiano. 27 de setembro - Vicente López Veiga, empresario e xornalista galego (n. 1847). 5 de outubro - Eladio de Lema Martín, editor e político galego (n. 1853). 13 de novembro - Juan Beltrán Muíños, xornalista e escritor galego (n. 1872).

Premios Nobel Física: Owen Willans Richardson Química: Adolf Windaus Fisioloxía ou Medicina: Charles Nicolle Literatura: Sigrid Undset Paz: Non concedido

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1928