O Festival da Canción Infantil "A nosa xeración" (Конкурс детской песни "Наше песни) ou simplemente A nosa xeración (Наше полене) é un festival internacional anual, que terá a súa primeira edición en Moscova, Rusia no outono do ano 2022. O festival é a contraparte rusa do tamén festival anual Eurovisión Júnior (como tamén foi o Festival de Intervisión con Eurovisión para os países de Europa do Leste).
O obxectivo principal da primeira edición do festival é popularizar a arte popular e preservar as tradicións culturais, que foi a sinatura do Decreto No 745 do Presidente de Rusia que declara 2022 como o Ano do Patrimonio Cultural dos Pobos da Rusia.
Orixe e historia
O festival ten como orixe a retirada de Rusia de Eurovisión (debido á invasión rusa de Ucraína en febreiro de 2022 por parte de Rusia) e a súa expulsión da UER. La emisora Carousel encargada da participación de Rusia no festival de Eurovisión Júnior dixo que estaba a preparar a entrada do país ata o último momento.
O mesmo día, revelouse que a emisora celebraría o seu propio festival tras a expulsión de todas as emisoras rusas da UER. O festival chamarase A nosa xeración e terá a súa primeira edición en Moscova no outono de 2022.
Regras A composición da canción debe ser nova e non asociada a ningún selo discográfico. A duración dunha canción debe ter de 2 minutos e 50 segundos a 3 minutos. A idade dos participantes debe ser entre os 9 e 15 anos. As votacións serán tidas en conta nun 50% por un xurado profesional e nun 50% polo público asistente. O gañador do festival será o participante con máis puntuación. No escenario pode participar un grupo dun máximo de 6 membros. O texto da composición presentada deberá estar escrito nun 60% na lingua nativa do participante, e o 40% restante nunha das oito linguas máis faladas do mundo (inglés, castelán, francés, chinés, árabe, ruso, portugués ou alemán). Sedes Ano País Cidade Lugar Participantes 2022 Moscova Academia de Igor Krutoy 0 Participantes
Polo momento non se deu a lista de países e territorios que poden participar no festival. Aínda que confirmouse que poden participar Rusia e as autoproclamadas repúblicas de Donetsk e Luhansk.
Ano Países segundo comezan a participar 2022
Notas
Véxase tamén Outros artigos Festival de Eurovisión Júnior Festival da Canción de Intervisión
Ligazóns externas Web oficial do Festival da Canción Infantil "A nosa xeración" Páxina do festival na rede social "VKontakte"
Categoría:Premios e festivais de televisión