Santiago de Vilar de Ortelle é unha das 26 parroquias do concello lugués de Pantón, situado na comarca de Terra de Lemos. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón.
Segundo o INE, en 2025 tiña 70 habitantes (39 homes e 31 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 2011, cando tiña 90 habitantes.
Xeografía Linda polo norte coas parroquias de Ribeiras de Miño, A Cova e Fión, polo sur con Atán, polo nacente con Eiré e Castillón, e polo oeste co río Miño.
A parroquia componse de tres áreas xeográficas: unha de ribeira, outra de montaña e outra intermedia.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Vilar de Ortelle
Parroquias de Pantón
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares de Pantón
Categoría:Parroquias de Pantón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior