Manuel Iglesias Corral, nado na Coruña o 1 de xaneiro de 1901 e finado na mesma cidade o 8 de setembro de 1989,La Voz de Galicia, 10-9-1989, p. 33. foi un avogado e político galego.

Traxectoria Estudou Dereito na Universidade de Valladolid e na Universidade de Santiago de Compostela, iniciou a súa andaina política como concelleiro na cidade da Coruña en 1931, concello do que chegou a ser Alcalde entre 1932 e 1934.

Participou na redacción do anteproxecto do estatuto de Galicia, elixido deputado pola ORGA nas Cortes Republicanas en 1933 e fiscal da República en 1936. Durante o franquismo tivo cargos directivos en empresas privadas e coa recuperación da democracia foi senador pola Candidatura Democrática Galega e pola UCD (1977-1982), foi presidente da UCD de Galicia, deputado no Parlamento de Galicia por Alianza Popular (1981-89) e senador de novo, desta vez por Alianza Popular (1986-1989), en representación da comunidade autónoma.

Foi decano do Colexio de Avogados da Coruña desde 1963 a 1988, ano no que foi distinguido como Decano Honorario. Tamén foi Fiscal Xefe do Tribunal Supremo e do Tribunal de Garantías Constitucionais da República.

Foi Avogado da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña. Tamén no plano empresarial, foi Secretario Xeral da Industria Baleeira Española, S.A.; Presidente de Frigoríficos do Noroeste, S.A. e Secretario do Consello de Administración de La Voz de Galicia, S.A.

Decano do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña; Presidente da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación;RAGXL. Historia. Presidente da Comisión do Consello Xeral da Avogacía Española para a Unión de Avogados Hispanoamericanos; Conselleiro da Avogacía Española e Vogal da Comisión Xeral de Codificación en 1968. Foi membro da Union Internationale des Avocats, do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses; membro correspondente da Academia de Ciencias, Letras e Artes de San Romualdo, de San Fernando (Cádiz); membro do Instituto Padre Feijóo, de Estudos Ourensáns; membro fundador do Instituto Español de Dereito Foral; Académico de Honra da Xurisprudencia e Lexislación, de Barcelona e da Xurisprudencia e Lexislación de Valencia, así como Colexiado de honra do Colexio de Avogados de Lima (Perú).

Foi condecorado coa Lexión de Honra (Francia), coa Condecoración da Orde do Cristo de Portugal e da Cruz da Orde de San Carlos, no grao de Grande Oficial, da República de Portugal.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición

Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por AP Categoría:Senadores pola Coruña Categoría:Alcaldes da Coruña Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia da ORGA Categoría:Políticos de AP Categoría:Políticos de UCD Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Senadores por designación do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Membros da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación Categoría:Alumnos da Universidade de Valladolid Categoría:Empresarios de Galicia