Anziliya foi unha cidade do país dos kaska, ao nordeste de Hattusa, non lonxe de Tapikka. Foi conquistada e reconquistada polo rei hitita Suppiluliumas I antes do 1340 a. C., probabelmente sen atopar resistencia. Mursilis II estivo na zona sobre o 1320 a. C. na súa terceira campaña (cuarto ano de reinado) pero non se di que conquistase a cidade, senón que conquistou os territorios das inmediacións, o que indicaría que permanecía en mans hititas.
Foi fortificada por Muwatallis II sobre o 1300 a. C. e cedida ao seu irmán Hattusilis dentro do reino de Hakpis.
Categoría:Cidades hititas