Lionel Rouwen Aingimea, nado o 2 de setembro de 1965, é un avogado e político nauruano. Desde 2019 até 2022 desempeñouse como presidente de Nauru.

Traxectoria Aingimea estudou dereito en Australia e posteriormente traballou para a ONG Regional Rights Resource Team,Nauru Parliament picks lawyer Lionel Aingimea for president Deutsche Welle, 27 de agosto de 2019 e como defensor público nas Illas Marshall.Lionel Rouwen Aingimea elected President of Nauru PMN News, 27 de agosto de 2019 Máis tarde traballou como profesor de dereito na Universidade do Pacífico Sur.

Aingimea postulouse para as eleccións ao Parlamento pola circunscrición de Meneng en 2013, pero non foi elixido. Despois das eleccións, uniuse á nova administración do presidente Baron Waqa como Secretario de Xustiza.

Despois de ser electo parlamentario por Meneng nas eleccións de 2016, foi nomeado Ministro Asistente de Xustiza e Control Fronteirizo no goberno de Waqa, servindo baixo o Ministro de Xustiza David Adeang. Foi reelixido nas eleccións de 2019, nas que Waqa perdeu o seu escano. Despois das eleccións, foi elixido Presidente polo Parlamento de Nauru, derrotando a Adeang por doce votos contra seis.Nauru's Parliament elects former human rights lawyer Lionel Aingimea as President ABC News, 27 de agosto de 2019

Notas

Categoría:Nados en 1965 Categoría:Avogados Categoría:Presidentes de Nauru