Meta pode ter varios significados:

Unha meta é o fin ou obxectivo de calquera acción. Nalgúns deportes (atletismo, vela, automobilismo etc., a meta é o lugar ao que deben chegar os participantes.

Xeografía Meta é unha comuna italiana. Meta é un departamento de Colombia. Hai dous ríos chamados Meta: río Meta, Colombia, un afluente do río Orinoco. río Meta, Italia Hai dúas cidades con este nome nos Estados Unidos de América: Meta, Kentucky Meta, Missouri A Illa de Baffin foi orixinariamente bautizada como Meta Incognita ("Fronteira Descoñecida" en latín) Na mitoloxía grega, Meta ou Mélite era o nome da primeira esposa de Exeo, rei de Atenas.

Prefixo meta- é un prefixo que provén do grego μετά (metá) e que se utiliza en galego nos seguintes sentidos: reflexión, cambio, sucesión, o feito de ir alén, á par de, entre ou con. "acerca de", como en metafísica (orixinariamente, "alén da física") ou metalingüística (o léxico referido á lingüística).

Informática Meta-datos, nas bases de datos, son os datos que describen outros datos. A etiqueta META utilízase en HTML para fornecer meta-datos estruturados acerca dunha páxina web. A metaprogramación refírese programas que manipulan, crean ou alteran outros programas. Especialmente no vocabulario científico, indica a auto-referencia: metafísica.- a física da física metalinguaxe.- sistema ou linguaxe que permite describir outras linguaxes.