Riobó é un lugar da parroquia de Osmo no concello ourensán de Cenlle, na comarca do Ribeiro.
Nel atópase o pazo de Riobó, as escolas de nenos e nenas da Fundación da escola da Doctrina Cristiana feita por Bernardino de Prado y Ulloa, dono do pazo, e unha casa tamén patrimonio do pazo na que se pode ver sobre unha ventá un escudo timbrado con cimera emplumada mirando a dereita, con dous cuarteis, o primeiro coas nove cuñas do apelido Acuña e o segundo, cunha banda en diagonal e bordura de trece roeles que pode pertencer a familia Sandoval - Sarmiento, por desgraza a día de hoxe as escolas sofren unha gran deterioración e necesitan unha profunda restauración.
Lugares e parroquias Lugares de Osmo
Parroquias de Cenlle
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cenlle
Categoría:Lugares de Cenlle Categoría:Osmo