Cuarto de dólar WashingtonModelo orixinal (1932-1998) "George Washington Quarter". United States Mint.140x140px140x140pxA/: Retrato de George Washington cara á esquerda. Marca de gravador (JF) e data. Lendas: LIBERTY / IN GOD WE TRUST.R/: Aguia coas ás despregadas de pé sobre un feixe de setas, con dúas pólas de oliveira debaixo. Marca de ceca. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURUBUS UNUM / QUARTER DOLLAR. Datas: 1932-1998. Cecas e marcas: Filadelfia (sen marca), Denver (D), San Francisco (S). Gravador: John Flanagan. Aliaxes: 1932-1964: Ag 90 %; Cu 10 %."Dollar "Washington Silver Quarter" (1932-1964)". Numista.com 1965-1998: Cu bañado en Cu-Ni."Dollar "Washington Quarter" (1965-1998)". Numista.com Diámetro: 24,26 mm. Pesos: 6,25 g (Ag); 5,67 g (Cu-Ni). Espesor: 1,75 mm. Canto: estriado.
O cuarto de dólar Washington é unha moeda co valor nominal de 25 centavos de dólar emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos, cuñada por vez primeira en 1932 e caracterizada pola representación dun busto de George Washington no seu anverso, obra do deseñador e escultor John Flanagan.
Cando os Estados Unidos se preparaban para a celebración en 1932 do centenario do nacemento do seu primeiro presidente, George Washington, os membros do Comité do Bicentenario creado no Congreso avogaron pola creación dunha moeda de medio dólar na súa honra. Estes congresistas procuraban inicialmente a substitución ese ano do medio dólar "Liberdade camiñando", mais o Congreso optou finalmente por cancelar o cuarto de dólar "Liberdade en pé", para o substituír pola nova moeda en homenaxe a Washington.
O Comité contratara a escultora Laura Gardin Fraser para que crease unha medalla conmemorativa e pediulle que adaptase o seu deseño para a nova moeda. Aínda que o traballo de Fraser contaba co apoio da Comisión de Belas Artes e do seu presidente, Charles W. Moore, o secretario do Tesouro, Andrew W. Mellon, optou no seu lugar por un novo deseño de John Flanagan, e o seu sucesor no cargo, Ogden L. Mills, corroborou tal decisión.
O novo cuarto de dólar Washington de prata entrou en circulación o 1 de agosto de 1932 e seguiu a ser cuñado nese metal ata que en 1965 se cambiou por unha combinación dun núcleo de cobre cun revestimento de cuproníquel, mantendo inalterado o deseño. En 1975 e 1976 produciuse un primeiro cambio no deseño, xa que se utilizou un reverso especial para conmemorar o Bicentenario dos Estados Unidos; todas estas pezas levan no anverso a dobre data da conmemoración (1776-1976), polo que non hai ningún cuarto de dólar coa data de 1975.
A partir de 1999 deixou de utilizarse o reverso orixinal da aguia e, no seu lugar, esta face pasou a estar dedicada a diferentes motivos, como os 50 estados dos EEUU, outras divisións administrativas, lugares históricos e naturais ou mulleres senlleiras da historia do país. O busto de Washington tamén foi lixeiramente modificado en 1999 e fíxose algo máis pequeno, e modificáronse as lendas do anverso. En 2010 restituíuse o busto inicial —mantendo o tamaño inferior—, e en 2021 o deseño orixinal de Flanagan volveu a ocupar o seu lugar no anverso, en tanto que o reverso amosa a Washington cruzando o río Delaware en 1776. Finalmente, en 2022 iniciouse un novo deseño do busto de Washington no anverso: o creado por Laura Gardin Fraser en 1932 para a súa proposta de cuarto de dólar Washington.
Prolegómenos
Antecedentes miniatura|O presidente Herbert Hoover opúñase á creación do cuarto de dólar Washington. O 2 de decembro de 1924, o Congreso constituíu a Comisión do Bicentenario de George Washington, o primeiro presidente do país. Esta efeméride celebraríase en 1932 e o Congreso quería planificar a celebración coa suficiente antelación. O presidente Calvin Coolidge encabezou ex officio a Comisión, na que se integraban funcionarios do Goberno e representantes destacados da sociedade civil, entre eles o fabricante de automóbiles Henry Ford. En 1929, o ata entón secretario de Comercio, Herbert Hoover, sucedeu a Coolidge tanto na presidencia do país como na da comisión.
Hoover estaba preocupado pola gran cantidade de deseños que se utilizaran para as moedas conmemorativas durante a década de 1920 e temía que tal confusión beneficiase os falsificadores. Cando o Congreso lle enviou un proxecto de lei de moedas conmemorativas, Hoover vetouno o 21 de abril de 1930. Nunha extensa mensaxe ao Congreso para xustificar a súa postura e devolver o proxecto de lei, Hoover incidiu na súa preocupación pola falsificación e declarou que as moedas conmemorativas doutros eventos estaban a comercializarse mal, como era o caso do medio dólar conmemorativo da Ruta de Oregón, do que quedaran sen vender grandes cantidades de exemplares.
Mais naquel momento a Comisión quedara practicamente sen actividade, logo dunha avalancha inicial de comunicados de prensa.Bowers, Q. D. (2006). Páxina 30. En febreiro de 1930 creouse un novo grupo, o Comité do Bicentenario de George Washington, mediante unha lei do Congreso.Bowers, Q. D. (2006). Páxina 31.
Idea inicial dun medio dólar miniatura|Laura Gardin Fraser, autora da proposta de deseño para o medio dólar. O novo Comité do Bicentenario tiña o propósito de lanzar unha moeda de medio dólar na honra de Washington e tratou de disipar as preocupacións amosadas por Hoover propondo que todos os medios dólares de 1932 representasen no seu anverso a Washington, no canto do deseño habitual da "Liberdade camiñando". Coa Gran Depresión reducírase a demanda de moedas en circulación; non se cuñara ningunha moeda de medio dólar desde 1930 e non se tiña prevista ningunha nova cuñaxe ata 1933. Considerouse que o medio dólar era o deseño máis grande e prominente, xa que o dólar Peace non se estaba a cuñar daquela e non circulaba de facto en gran parte do país. En tanto que o común ata o momento fora que as moedas conmemorativas tivesen unha tiraxe duns poucos milleiros de exemplares e se vendesen cunha prima sobre o valor facial, neste caso pretendíase que o medio dólar Washington constituíse a emisión circulante ordinaria da moeda de medio dólar correspondente ao ano 1933.
Malia non dispor aínda da preceptiva autorización do Congreso, o comité seguiu adiante e convocou un concurso de deseño, coa idea de que un mesmo artista crease primeiro unha medalla conmemorativa e logo a moeda. O anverso tanto da medalla como da moeda deberían basearse na coñecida estatua de Washington (1786) do escultor francés Jean-Antoine Houdon, en tanto que non se daba indicación ningunha no relativo ao deseño dos reversos. A lei esixía que os deseños das moedas fosen aprobados polo secretario do Tesouro, que naquel momento era Andrew W. Mellon, un coñecido coleccionista e coñecedor da arte, que se prevía que non puxese obxeccións ao plan.Bowers, Q. D. (2006). Páxinas 31-32.
Logo de analizar as candidaturas, tanto o Comité do Bicentenario como a Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos optaron polos deseños presentados por Laura Gardin FraserBowers, Q. D. (2006). Páxina 32. —a esposa de James Earle Fraser, deseñador da moeda de cinco centavos buffalo—, unha coñecida deseñadora de moedas que xa se encargara doutras emisións como a do medio dólar conmemorativo da Ruta de Oregón. Cun busto de Washington orientado cara á dereita, a idea era que o deseño de Fraser fose utilizado tanto para o anverso da medalla como para o da moeda de medio dólar.Taxay, D. (1983) . Páxina 360.
Aprobación do cuarto de dólar miniatura|145x145px|O cuarto de dólar "Liberdade de pé""Dollar "Standing Liberty Quarter"". Numista.com presentaba problemas de produción; en 1931, O Congreso esixiu a súa substitución. Non obstante, o 9 de febreiro de 1931, o representante por Nova Jersey Randolph Perkins presentou un proxecto de lei para a creación dunha moeda dun cuarto de dólar co busto de Washington, o que causou consternación no Comité do Bicentenario e na Comisión de Belas Artes. O Comité de Moeda, Pesos e Medidas da Cámara de Representantes emitiu un memorando no que se indicaba que o deseño da moeda dun cuarto de dólar en vigor era insatisfactorio e que a nova moeda proposta non só se cuñaría en 1932, senón que substituiría permanentemente o deseño anterior. Deste xeito, o novo cuarto de dólar sería unha homenaxe a Washington no seu bicentenario e ao mesmo tempo aliviaría a Casa da Moeda dos Estados Unidos da carga de emitir unha moeda de difícil comercialización.
O 12 de febreiro de 1931, o presidente da Comisión de Belas Artes, Charles W. Moore, escribiu ao Comité da Cámara de Representantes para se opor ao cambio de plans e propor que se ordenase a emisión da moeda de medio dólar cos deseños previstos de Laura Fraser. Mais a solicitude de Moore foi ignorada e o 4 de marzo de 1931 o Congreso aprobou unha lei pola que se creaba o cuarto de dólar Washington.Bowers, Q. D. (2006). Páxina 33. A lei establecía que a imaxe de Washington, que debía aparecer no anverso, debía basearse no "célebre busto" do expresidente realizado por Jean-Antoine Houdon.Vermeule, C. (1971). Páxina 178.
Modelo orixinal (1932-1998)
Concurso de deseño miniatura|John Flanagan foi o artista escollido para o deseño do cuarto de dólar Washington. O 14 de xullo de 1931, a subdirectora e daquela directora en funcións da Casa da Moeda dos EEUU, Mary Margaret O'Reilly, escribiu a Moore para lle solicitar que a Comisión de Belas Artes asesorase no concurso de deseño da nova moeda, e Moore contestoulle que, dado que Fraser gañara xa o concurso para a medalla, debería adaptar o seu deseño para o novo cuarto de dólar Washington. O secretario do Tesouro Mellon foi quen contestou a Moore, e díxolle que, ao non ter participado o Tesouro no anterior concurso de deseño, non estaba obrigado a aceptar o seu resultado e, de feito, non o faría.
Así as cousas, o Tesouro convocou un novo concurso de deseño e, cando se reuniu a Comisión de Belas Artes, baixo a presidencia de Moore, para examinar as propostas presentadas e emitir o seu ditame, optou por escoller novamente o deseño de Fraser. Por outra banda, os deseños presentáronselle en novembro de 1931 ao secretario Mellon —a quen lle correspondía tomar a decisión— , e este decantouse polo deseño de John Flanagan, decisión que lle comunicou a Moore. Este e o membro da Comisión de Belas Artes Adolph Weinman intentaron que Mellon cambiase a súa decisión e pedíronlle máis tempo para que Fraser mellorase a súa proposta, e MEllon accedeu a conceder un novo prazo non só a ela, senón a todos os artistas concorrentes. Finalmente, o 20 de xaneiro de 1932, logo dunha nova presentación dos proxectos, a Comisión de Belas Artes renovou o seu apoio aos deseños de Fraser.Taxay, D. (1983) . Páxinas 360-362.
O secretario do Tesouro Mellon deixou o seu cargo o 12 de febreiro de 1932 e foi sucedido por Ogden L. Mills.Bowers, Q. D. (2006). Páxina 35. Moore renovoulle a súa proposta ao novo secretario mediante unha carta enviada o 31 de marzo, na que se desaconsellaba o deseño de Flanagan e se instaba o novo secretario a acceder á recomendación da Comisión de Belas Artes.Taxay, D. (1983) . Páxina 363. Mills, que xa fora informado por O'Reilly acerca desta disputa, respondeu a Moore o 11 de abril, e informouno de que, logo da súa proposta, accedía a solicitarlle algúns cambios ao escultor, pero non anularía a decisión de Mellon de escoller a Flanagan como deseñador. O 16 de abril, a escolla dos deseños de Flanagan foi anunciada oficialmente.Bowers, Q. D. (2006). Páxina 36.