Santiago Balmes Sanfeliu, nado en Sant Vicenç dels Horts (Barcelona) o 25 de novembro de 1970, é un cantante catalán de estilo indie pop e membro da banda Love of Lesbian. Como novelista, publicou cinco libros. Traxectoria Estudou no Instituto Frederic Mompou da súa vila natal. En 1997 Balmes empezou na música xunto a Love of Lesbian. Ese ano enviaron unha maqueta a un concurso da revista Ruta 66, en que quedaron en segundo posto. Isto permitiulles gravar por primeira vez nun estudio. Dedicaron os seus primeiros anos á música en inglés, cos discos Microscopic Movies (1999), Is it Fiction? (2002) e Ungravity (2003).

En 2011 publicou a súa primeira novela, Yo mataré monstruos por ti.

Libros publicados AnoTítuloDescrición2011Yo mataré monstruos por tiMartina ten medo polas noites. Cre que baixo o chan da súa habitación se agocha un mundo habitado por monstros que camiñan coa cabeza cara a abaixo. Que pasaría se rachase a fronteira entre ambos os mundos?2012¿Por qué me comprásteis un walkie-talkie si era hijo único?Lembrades aquel cantante chamado Cuchi Cuchi, o neno prodixio que triunfou en España e en América do Sur durante os anos sesenta e setenta?- ...Nós tampouco.2014La doble vida de las hadasRelatos de Santi Balmes en que el mesmo se mergulla como protagonista. Mestura realidade e ficción co seu inconfundíbel estilo de a cabalo entre o humor e a lírica reprimidas.2017Canción de brumaCon prólogo do guitarrista e letrista Egon Soda, o libro recolle 70 textos de diferentes extensións, algunhas aforismos, outros apuntamentos de cancións, textos que inspiraron temas do último disco El poeta Halley e poemas que non naceron para seren cantados.2018El hambre invisibleNovela con trazos de autobiografía, ensaio, poesía, diario e regresión.2021Bajaré de la luna en tirolinaDavid, ou Déibid Weirdo, como lle gusta que o chamen, é un preadolescente que ve o mundo desde unha perspectiva moi diferente á do resto da súa familia. Non está a pasar polo seu mellor momento: os seus pais acábanse de separar, o seu irmán máis vello, Dano, deixou de falarlle sen que Déibid saiba o motivo e, aínda por riba, namorouse por primeira vez dunha moza da que non sabe nin o seu nome.

Discografía oficial AnoTítulo1999Microscopic Movies2002Is It Fiction?2003Ungravity2005Maniobras de escapismo2007Cuentos chinos para niños del Japón20091999 (o cómo generar incendios de nieve con una lupa enfocando a la luna)2012La noche eterna. Los días no vividos2014Nouvelle Cuisine Caníbal (só en formato dixital e vinilo)2016El Poeta Halley2017Nouvelle Cuisine Caníbal, vol. 2 (só en formato dixital e vinilo)2018El gran truco final2021V.E.H.N

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial de Love Of Lesbian

Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Novelistas de Cataluña Categoría:Música de Cataluña Categoría:Nados en 1970