Oxyura é un xénero de aves da orde dos anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos oxiurinos.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1828 polo naturalista, político e ornitólogo francés Charles Lucien Bonaparte.Oxyura Bonaparte, 1828 no GBIF. Consultado o 27 de outubro de 2022. Oxyura Bonaparte, 1828 na BioLib. Consultada o 27 de outubro de 2022.

Sinónimos Ademais de polo seu nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén poloa sinónimos: Pervicauda Mathews, 1945 Plectrura Gistl, 1848

Especies O xénero Oxyura comprende as seguintes seis especies: Oxyura australis Oxyura ferruginea Oxyura jamaicensis Raboalzado de cabeza branca Oxyura maccoa Oxyura vittata

Características Coñecidos vulgarmente como raboalzados, todas as especies teñen as plumas da cola longas, que se erguen cando a ave está en repouso, e o pico relativamente grande.

Son patos mergulladores de auga doce. As súas patas fannos torpes en terra, e por iso raramente deixan a auga.

O seu cortexo sexual é raro e involucra un tamborileo emitido pola súa gorxa e bolsas inchábeis, axitando a cabeza, e erixindo as súas curtas cristas.

As sucesións da plumaxe son complicadas e, cando envexecen, é máis complexa.

Galería

Notas

Véxase tamén

Categoría:Anátidos