A rebelión wayuu de 1769 (en ) foi un levantamento do pobo indíxena wayuu ocorrido na península de La Guajira contra as autoridades do Imperio Español.
Antecedentes
Os wayuu Os wayuu (chamados polos españois guajiros), chegaron á península de La Guajira contra a ano 150 a.C., como parte das migracións dos arauacos, iniciadas na Amazonia e que chegaron até as Antillas.Villalba, 2008: 46 Aos poucos desprazaron aos pobos que aí vivían, coñecidos como caquetíos, guabecunaes (wiwas e kogui), paraujanos e cosinas ou cocinas (serranía de Macuira), os que serían dominados a mediados do século XVIII grazas á influencia de británicos e en menor medida holandeses e franceses.Villalba, 2008: 47
A península dividíase en cinco sectores con diversos graos de autonomía respecto das autoridades españolas: Guajira Arriba dende o istmo ao extremo norte (os seus habitantes eran chamados arriberos), Guajira Abaixo desde o istmo á beira norte de Ranchería (abajeros), Montaña ou as sabanas contiguas aos montes de Oca (serranos), a Praia ou a costa occidental (pescadores) e ao suroeste da península a lagoa Sinamaica.Polo, 2011: 23-24 Os abajeros presentaban unha maior mestizaxe e eran parte de alianzas cos crioulos, en troques, os arriberos vivían baixo escasa influencia de Maracaibo e Riohacha e dedicábanse a comerciar cos contrabandistas estranxeiros.Polo, 2011: 26 Cada clan tiña o seu propio cacique que detentaba o poder económico e político, «non existe un cacique principal ou xeneral da "nación wayuu"».Barrera, 1988: 126
Segundo afirmaba o vicerrei Pedro Mesía de la Cerda mobilizaron en 1769 até vinte mil guerreiros.Barrera, 1990Basadre, 1988: 125 Porén, estimacións modernas indican que a poboación indíxena era de 30.000Kuethe, 1970: 469-470, Pedreja, 1981: 334, nota 13. a 40.000Kuethe, 1970: 469-470; Pedreja, 1981: 334, nota 13; Silvestre, 2006: 67 persoas, das que un máximo de 10.000 serían homes adultos.Kuethe, 1970: 469-470Moreno, 1984: 171 Na obra Recuerdos de mis viajes a la Guajira y noticias recogidas de Paso (1874)Polo xornalista, parlamentario e xeneral venezolano Rafael E. Benítez (1813-1880), antigo comandante de milicias de Sinamaica. Esta obra permaneceu inédita até 1952. agrúpase aos wayuu nos seguintes grupos: zapuanas, cocinas e cocinetas, tribos moi pobres dos arredores de Sinamaica que servían como mercenarios nas constantes guerras intertribais, agrupaban 3.000 guerreiros; hosayúes da serra de la Teta e o interior, moi ricos en animais e dispuñan de 1.500 lanzas; alpushianas da costa sur, controlaban o tráfico marítimo da zona e tiñan 500 homes; jarariyúes do interior en Macuire, pobres mais con 800 guerreiros; urianas das fértiles costas e serras de Macuire, os máis ricos en gandos e populosos pois contaban con 5.000 combatentes; puciarines das costas setentrionais, comerciaban constantemente con Aruba e Xamaica, 1.200 homes; hipuanas da costa occidental, tamén ricos en animais, 1.500 lanzas; e hipuayúes, habitan o interior dende a costa norte até preto de Riohacha, con cuxos habitantes sempre negocian, posuían moitos animais e 1.500 combatentes.Polo, 2011: 24-25 En troques, en 1822 un informe do comandante militar de Zulia, o xeneral Lino de Clemente, dicía que as tribos veciñas do sueste da península a Sinamaica sumaban catro mil guerreiros. Dous anos despois as autoridades grancolombianas estimaban que todas as parcialidades sumaban dezaoito a vinte mil guerreiros.
Presenza española A presenza do estado español era esencialmente débil na costa caribeña da Nova Granada.Múrena, 1994: 117 Nese punto salientaba a vila de Riohacha como punto fronteirizo sempre sometido ás incursións de corsarios, cimarróns e wayuu da península.Pedreja, 1981: 331 Até avanzado o século XVII os españois controlaban só os arredores da vila.Purvis, 1987: 137
Os wayuu nunca puideron ser conquistados pola falta de recursos dos crioulos riohacheros e a despreocupación do réxime colonial pola zona. Ademais, os wayuu aprenderon axiña a usar o cabalo, as armas de fogo e a falta de alimentos e auga fresca para rexeitar calquera exército invasor.Barrera, 1988: 127 O terreo montañoso do sur da península permitíalles detectar, eludir e atacar os españois. Moita da súa resistencia era motivada polo seu rexeitamento a seren escravizados nos bancos de perlas de Cubagua e o cabo de la Vela.Villalba, 2008: 48 Por outra banda, os wayuu xamais puideron expulsar aos colonos de Riohacha porque estaban divididos en tribos e nunca apareceu un líder quen de unilos.Pedreja, 1981: 331-332 Tamén foron incapaces de impedir aos arijuna, «estranxeiros», apoderásense das terras baixas máis fértiles, forzándoos a retirarse a zonas máis vulnerables ás secas. A visión de inimigos continuou. O gobernador Luis Soto de Herrera, no seu informe de 1718, «eran bárbaros, ladróns, dignos da morte, sen Deus, sen lei e sen Rei».
Crioulos e wayuu seguiron vivindo apartados agás cando se reunían para comerciar ou para celebracións relixiosas.Pedreja, 1981: 332 A rexión era famosa pola súa cría de gando mais os crioulos sufrían constantemente o roubo dos seus animais, especialmente vacas, porque era un símbolo de status social entre as tribos. Debe mencionarse que os españois ao fundar as cidades de Santa Marta (1525), Valledupar (1530), Riohacha (1539) e Maracaibo (1569) arrebatáronlles aos wayuu as zonas máis aptas para a agricultura ou a caza na Baixa Guajira, mais isto compensouse coa introdución do gando europeo. Porén, os wayuu tamén foron forzados a usar a Alta Guajira, coas súas escasas fontes de auga, todo o ano para pastar e non de forma estacional como nun principio.
Durante o século XVIII o abigeato adquiriu un valor funcional: intercambiábano con contrabandistas ingleses, holandeses e franceses vindos das Antillas por armas e alcol (os crioulos facían o mesmo, vendéndolles pau de tinta).Pedreja, 1981: 332-333 O contrabando comezara no século XVI e sempre involucrou ás autoridades españolas, quen recibían unha comisión. Os holandeses buscaban obter gando, coiros, escravos, pau brasil, etc., mentres que os ingleses preferían de vender armas aos wayuu e adestralos no seu uso. Isto significou que durante esa centuria os wayuu adoptasen masivamente o uso do cabalo e as armas de fogo para facer a guerra e o comercio.
Cando o goberno español se deu conta da magnitude daquel negocio ilegal, decidiu facer sentir o seu poderíoPedreja, 1981: 333-334 antes de que a penetración económica de potencias rivais levase, por exemplo, á creación «dun "protectorado inglés" sobre a Guajira como en efecto o fixeron na Costa de Mosquitos».Pedreja, 1981: 339 Decidiuse levar a cabo unha política de fundación de novas vilas para «asentar á dispersa e incontrolada poboación» de toda a costa atlántica, tratando de introducila á legalidade e o sistema económico españois. Só algúns colonos se sentían o bastante seguros para vivir moi preto dos wayuu.Kuethe, 1970: 468-470 Isto coincidiu coa modernización do aparello administrativo español.
Ante esa maior interferencia, os wayuu subleváronse constantemente durante a primeira metade desa centuria: 1701, 1727, 1741, 1757, 1761 e 1768. A primeira consistiu na destrución dunha misión e na segunda reuniron máis de 2.000 lanzas para combater aos españois.Barrera, 1988: 127-128 Porén, durante a maior parte dese século as relacións wayuu-españolas foron pacíficas, formándose relacións de compadrazgo, mestizaxe, sincretismo cultural e contrabando de perlas. Respecto dos mestizos, moitos deles «guajirizábanse», é dicir, terminaban asumindo a cultura indíxena.
Capuchinos A medida máis importante foi o enviou de misioneiros capuchinos á zonaPedreja, 1981: 334 desde 1694.Polo, 2001: 36 A idea era reducilos e acabar co desperdicio de tanta man de obra, recuperando o comercio de perlas para as autoridades. En 1701, os capuchinos valencianos son expulsados polos wayuu, regresando en 1719 pero deben retirarse á Serra en 1726 para volver de forma definitiva unha década máis tarde. Até 1735, fundáronse as reducións de Boronata, La Cruz, Orino, El Rincón, Parauje, Cercadillo, Calabazo, Chimare, Macuira, Ypapa (Bahía Honda) e San Pedro Nolasco del Salado.Polo, 2001: 39 Un ano despois agregábase Menores.
Durante a primeira metade do século XVIII as tropas da Coroa apenas fixeron presenza na zona, quedando a tarefa de sometemento en mans dos misioneiros, quen lograron crear un territorio baseado nas súas vilas.Polo, 2001: 43 Foi un fracaso porque moitas veces os wayuu negáronse a recibilos, chegando algúns relixiosos a considerar que para ser reducidos primeiro debían ser conquistados militarmente.Polo, 2001: 41 Os consellos dos capuchinos levaron aos militares da segunda metade da centuria a considerar tentar quitarlles as súas armas e gando (posesións valiosas na súa cultura) pola forza, con todo, nunca o fixeron porque isto significaría que atacasen por fame as facendas dos colonos.Polo, 2001: 42
Campaña de Ruiz de Noriega As primeiras tentativas de ataque aos wayuu comezaron 1719 co gobernador de Santa Marta, Juan Beltrán de Caicedo, mais en 1741 as responsabilidades foron transferidas aos gobernadores de Cartaxena. En 1757, o comandante de Riohacha e xuíz de comicios, tenente coronel Manuel Martínez de Escobar, presentou unha proposta para someter os wayuu e tres anos despois seguiulle outra do seu sucesor, Bernardo Ruiz de Noriega.Barrera, 1988: 128
Para conter o contrabandoPolo, 2001: 43-44 e someter a revolta do cacique Masajure, en 1761 o comandante de Riohacha emprendeu unha serie de campañas de sometemento contra os wayuu, fundando vilas até a fronteira do río Socuy e asinando acordos de paz que forzaban aos caciques a recoñecer o catolicismo como relixión oficial, recibir aos misioneiros, rexeitar aos seus piaches (curandeiros), abandonar a poligamia, acatar as leis españolas, estabelecerse nas vilas que se fundasen, expulsar aos brancos fuxitivos que vivían entre eles, informar as autoridades de todo o que pasaba nas súas terras, ir desarmados ás vilas españolas, facer unha paz entre as distintas tribos wayuu, non usar máis frechas envelenadas, achegar guerreiros para toda futura campaña contra wayuu rebeldes e recoñecer ao rei como soberano.Londoño, 1990: 87; Polo, 2001: 43-44
A campaña de Ruiz valeuse de tres columnas que sumaban 1.000 soldados e que saíron de Maracaibo con rumbo ás saias dos montes de Oca, de Valledupar e Pueblo Nuevo aos arredores da Serra Nevada, e de Riohacha a Bahía Honda.Polo, 2001: 44 Acompañáronlle facendados da zona, pois o gobernador tiña a facultade de repartir terras e wayuu capturados.Polo, 2001: 46 Isto provocou preitos entre a elite local, con algúns dos seus membros (involucrados no contrabando) boicotearon o desembarco de municións, demorarando ou negando o enviou de reforzos ou animando á rebelión a algunhas vilas wayuu.Polo, 2001: 46-47
Finalmente, en xullo de 1762 o vicerrei ordenou cesar a campaña contra os wayuu.Polo, 2001: 47 Porén, Ruiz de Noriega seguiu as súas campañas contra os cocinas (1764 e 1765) e os chimilas (1765).
Rebelión