Michael Edward "Mikey" Welsh, nado en Syracuse (Nova York) o 20 de abril de 1971 e finado en Chicago (Illinois) o 8 de outubro de 2011, foi un artista estadounidense coñecido por ser baixista da banda de rock alternativo Weezer. Welsh tocou co líder de Weezer Rivers Cuomo no tempo que este pasou en Boston durante o hiato da banda, nun grupo chamado Homie. Despois de que Matt Sharp decidise centrarse no seu proxecto The Rentals e abandonar Weezer Welsh foi o elixido para ocupar o seu lugar e tocou no grupo dende o ano 2000 ata agosto de 2001, cando sufriu unha crise nerviosa. Pouco despois retirouse da música para centrarse na súa carreira artística. Mikey morreu inesperadamente o 8 de outubro de 2011, cando tiña 40 anos de idade.

Notas

Categoría:Baixistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados no condado de Onondaga, Nova York Categoría:Finados en 2011