Os palmípedes son aves acuáticas con patas palmadas.palmípede no Dicionario da RAG.
Polo tanto este termo refírese xeralmente aos cisnes, gansos e patos.
O termo está testemuñado en Nature des oyseaux de Pierre Belon, unha clasificación publicada en 1555.Palmipèdes en cnrtl.fr. É un préstamo do latín palmipes, -edis "que ten o pé palmado", que tomou P. Belon na páxina 197 do texto citado. A orde foi creada por Georges Cuvier en 1805, e asumido na clasificación de Richard Bowdler Sharpe até finais do século XIX.
A clasificación de Cuvier Desde un punto de vista sistemático, os palmípedes (Palmipedes) son un dos seis grupos de aves definidos por Cuvier segundo os seguintes criterios: pescozo máis longo que as patas; pés palmados, é dicir, que unha membrana une os dedos entre si (non sempre en toda a súa lonxitude); plumaxe recuberta dunha secreción que a fai impermeábel.
As familias eran as seguintes: Mergulladores ou Brachyptera: somougullos ou mergullóns (actuais podicipédidos), pingüíns (actualmente incluídos na orde dos esfensciformes); Longipennes (de Lamarck): petreis (hoxe na orde dos procelariformes, familia dos proceláridos), albatros (hoxe procelariformes da familia dos diomedeidos, gaivotas (hoxe caradriformes da familia dos láridos), e carráns, (hoxe caradriformes da familia dos estérnidos); Totipalmes: pelicanos (hoxe pelecaniformes da familia dos pelecánidos, corvos mariños (hoxe pelecaniformes da familia dos falacrocorácidos), fragatas (hoxe na orde dos suliformes), aningas (hoxe suliformes da familia dos anínguidos); Lamellirostros: patos, gansos, e cisnes (actualmente anseriformes).
Como se pode ver, este grupo reúne especies filoxeneticamente moi distantes, e os caracteres compartidos corresponden a converxencias adaptativas vinculadas ao modo de vida acuático.
Notas
Categoría:Taxonomía