Baños de Molgas é un concello da provincia de Ourense, pertencente a comarca de Allariz - Maceda. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.623 habitantes (1675 en 2014, 1970 no 2006, 2014 no 2005, 2038 no 2004, 2088 no 2003). O xentilicio é , ou .

Demografía Censo total (habitantes) 1.623 (2017) Menores de 15 anos 77 (4.75 %) Entre 15 e 64 anos 809 (49.85 %) Maiores de 65 anos 737 (45.41 %)

Historia e patrimonio A vila de Baños de Molgas crese que foi a mansión romana SalientibusMansiones y mutilaciones de la Vía Nova do itinerario de Antonino. Daquela época realizáronse achados arqueolóxicos á beira da ponte romana e preto dela atópase o balneario cuxas augas foron moi apreciadas a principios do século XX.

A capela de Santa Eufemia de Ambía, templo medieval con ventás arcos de ferradura, está declarada monumento nacional.

No santuario da Nosa Señora dos Milagres do Medo celébrase unha romaría a principios de setembro.

Na estación de Baños de Molgas está o museo de Moncho Borrajo, con diverso material pertencente ao humorista.

Cruceiro e petróglifos de San Vitorio de Presqueira.

Baños de Molgas na literatura popular Adios Baños, adios Baños,/ adios Baños minerales;/ eu déixoche o meu diñeiro/ pero voume cos meus males Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 30. Refírese a uns baños minerais que existían en Baños de Molgas..

Galería de imaxes

Parroquias

Lugares de Baños de Molgas Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Baños de Molgas vexa: Lugares de Baños de Molgas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Eleccións municipais en Baños de Molgas

Categoría:Baños de Molgas Categoría:Cidades termais de Galicia