miniatura|Ilustración de Carl Axel Magnus Lindman en Bilder ur Nordens Flora miniatura|Flor de Calla palustris Calla es un xénero da división das magnoliófitas (anxiospermas), clase das liliópsidas, orde das alismatales e familia das aráceas.
É o unico xénero da subfamilia das caloideas (Calloideae) que ademais é monotípico, xa que comprende unha soa especie, Calla palustris,USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) [Online Database]. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. a cala.cala, 3ª acep. no Dicionario da RAG.
Taxonomía Descricións Subfamilia A subfamilia foi descrita polo botánico británico George Arnott Walker-Arnott.
Xénero e especie Tanto o xénero Calla, como a súa única especie, Calla palustris, foron descritos por Linneo en 1753 na súa obra Species Plantarum 2: 968.
Sinónimos Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:Calla palustris L. no GBIF. Consultado o 31 de outubro de 2022. Calla brevis (Raf.) Á.Löve & D.Löve Calla cordifolia Stokes Calla generalis E.H.L.Krause Calla ovatifolia Gilib. Calla palustris (L.) Raf. Calla palustris f. aroiformis Asch. & Graebn. Calla palustris f. gracilis Asch. & Graebn. Calla palustris f. palustris Calla palustris f. polyspathacea Vict. & J.Rousseau Callaion bispatha (Raf.) Raf. Callaion brevis (Raf.) Raf. Callaion heterophylla (Raf.) Raf. Callaion palustris (L.) Raf. Dracunculus paludosus Montandon Provenzalia bispatha Raf. Provenzalia brevis Raf. Provenzalia heterophyla Raf. Provenzalia palustris (L.) Raf.
Distribución Calla palustris é nativa das rexións frías do hemisferio norte, no leste, norte e centro de Europa, Francia e Noruega, norte de Asia e Norteamérica (Alasca, o Canadá e nordeste dos Estados Unidos de América).
Características É unha planta rizomatosa, herbácea, perenne, que crece en charcas e pantanos.
As follas son arredondadas, case parecidas a un corazón, de 6 a 12 cm de longo e de 4 a 12 cm de ancho, cun pecíolo de 10 a 20 cm.
As flores se producen en espádice con inflorescencias de cor amarela verdosa. As infloresencias estám envolvidas por unha grande espata.
O froito é un acio de vermellas cereixas, contendo cada unha varias sementes.
Propiedades miniatura|220px|Froitos inmaturos A planta é moi velenosa cando está fresca debido ao ácido oxálico que contén, pero os rizomas son comestíbeis unha vez fervidos ou secos.
Úsase contra o reuma, e tamén é utilizada no tratamento dos arrefriados e a gripe.
Unha infusión feita da raíz seca usouse no tratamento da gripe, nos sangrados e como cataplasma en edemas e mordeduras de serpentes.
Os talos aéreos se utilizaron no tratamento da dor nas pernas.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Plants for a Future: Calla palustris Imaxes en Google
Categoría:Araceae Categoría:Plantas acuáticas Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Taxons descritos por Linné