Uganda presentou un filme para o Óscar ó mellor filme internacional por primeira vez en 2022. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Uganda para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega. En 2019, informouse que Uganda escollera Kony: Order from Above como a súa candidata, mais o comité de selección de Uganda dixo que o filme non cumpría os criterios mínimos requiridos e non foi seleccionado.

Ano(Cerimonia) Título Lingua Director Resultado 2022(95ª) Tembele Suahili

Notas

Categoría:Cinema de Uganda Uganda