George Arnott Walker-Arnott (ás veces grafado George Arnott Walker Arnott), nado en Edimburgo o 6 de febreiro de 1799 e finado en Glasgow o 17 de xuño de 1868, foi un botánico escocés.
Traxectoria George Arnott Walker-Arnott era fillo de David Walker Arnott of Arlary. Asistiu á Milnathort Parish School e despois obtivo o Mestrado en Artes na Universidade de Edimburgo en 1818, ingresando na Facultade de Dereito desa universidade en 1821.Former Fellows of The Royal Society of Edinburgh 1783 – 2002 .
Máis tarde fíxose botánico, estudando esta disciplina en América do Norte con Sir William Hooker. Colaborou con Robert Wight nos estudos da flora da India.
A partir de 1821 traballou en París. Asistiu a Hooker nos estudos de espécimes recollidos durante a viaxe de exploración científica da HMS Blossom, comandada por Frederick W. Beechey. A partir de 1839, foi asistente de Hooker en Glasgow e obtén, en 1845, a cátedra real de Botánica da Universidade de Glasgow.
William J. Hooker e George Arnott W-Arnott revisaron o material vexetal recollido en Australia por Alexander Collie, que foi enviado ao Reino Unido despois da morte de Walker-Arnott.Ray Desmond (1994): Dictionary Of British And Irish Botanists And Horticulturists Including plant collectors, flower painters and garden designers. Boca Raton, Florida, Estados Unidos: CRC Press. ISBN 0-6506-6843-3.
Colaborou na redacción de Illustrations of Indian Botany e de Prodomus floræ peninsulæ indiæ orientalis, e con Hooker, de novo, na sexta edición de British Flora (1850).
Vida familiar En 1831 casou con Mary Hay Barclay, tendo oito fillos (tres varóns e cinco fillas).
Algunhas publicacións Disposition méthodique des espèces de mousses, 1825 Tentamen methodi muscorum (con Robert Kaye Greville), 1826 The botany of Captain Beechey's voyage, 1830–1841 (con William Jackson Hooker) Prodromus florae peninulae Indiae orientalis (con Robert Wight), 1834
Honores Como académico Membro da Academia alemá das ciencias naturais Leopoldina Membro da Société linnéenne de Paris Membro da Sociedade Linneana de Londres Membro da Sociedade Real de Edimburgo
Eponimia Xénero (Orchidaceae) Arnottia A.Rich.<ref>Mém. Soc. Hist. Nat. Paris¡¡ iv. 1828 29 (IK)</ref> Especies (Asclepiadaceae) Anisotoma arnottii Benth. & Hook.f.Gen. Pl. [Bentham & Hooker f.] 2 (2): 781 1876 (IK) (Asclepiadaceae) Brachystelma arnottii BakerRefug. Bot. [Saunders] t. 9 (IK) (Fabaceae) Indigofera arnottii (Kuntze) Peter G.WilsonTaxon 50 (2): 491 2001 (IK) (Malvaceae) Hibiscus arnottii Griff. ex MastFl. Brit. India [J. D. Hooker] i 844 (IK) (Solanaceae) Sclerophylax arnottii MiersLondon J. Bot. 7: 20 1848 (IK) (Woodsiaceae) Athyrium arnottii MildeBot. Zeitung Berlin 28: 371. 1870 (IF)
Abreviatura A abreviatura Arn. úsase para indicar a como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.Arnott, George Arnott Walker (1799-1868) no IPNI.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Robert Zander, Fritz Encke, Günther Buchheim & Siegmund Seybold, eds. (1984): Handwörterbuch der Pflanzennamen''. 13ª ed. Stuttgart: Ulmer Verlag. ISBN 3-8001-5042-5.
Ligazóns externas Hooker, Sir William Jackson & G. A. Walker-Arnott (1841): The Botany of Captain Beechey's voyage.
Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Botánicos do Reino Unido Categoría:Membros da Leopoldina Categoría:Alumnos da Universidade de Edimburgo Categoría:Profesores da Universidade de Glasgow Categoría:Nados en Edimburgo Categoría:Nados en 1799 Categoría:Finados en 1868