Indar Gorri é o grupo de seareiras e seareiros do equipo de fútbol Club Atlético Osasuna. Sitúase nas bancadas inferiores da portería sur do estadio El Sadar. O nome en galego significa "Forza Vermella" (Indarra = forza; Gorria = vermella). Características A súa ideoloxía baséase no nacionalismo abertzale, o antifascismo e o antirracismo. Indar Gorri é un dos grupos pertencentes e fundadores de Euskal Hintxak, entidade que agrupa un gran número de filas antifascistas de Euskal Herria e que reivindica a oficialización da selección de fútbol do País Vasco.
Indar Gorri ten case 1000 membros entre socios e simpatizantes, entre os que hai uns 50 Red & Anarchist Skin Heads. Dito grupo pasou por estes vinte anos de ter un carácter local (nun principio a maioría eran de Pamplona), a estenderse por Navarra e por outras zonas do Estado, como Madrid, Cataluña e Andalucía.
Amizade e rivalidade As principais amizades do grupo son, amais dos grupos de Euskal Hintxak e outros máis, os seguintes grupos:
Brigadas Amarillas (Cádiz CF) Resaca Castellana (Burgos CF) Bukaneros (Rayo Vallecano) Peña Mújika Taldea (Real Sociedad) Eztanda Norte (Deportivo Alavés) UM02 (CF Montréal) Desperdicis (Unió Esportiva Sant Andreu) Herri Norte Taldea (Athletic Club)
Por contra, as principais rivalidades son cos seguintes ultras:
Supporters Gol Sur (Real Betis) Ligallo Fondo Norte (Real Zaragoza) Juventudes Verdiblancas (Racing de Santander) Ultras Sur (Real Madrid CF) Ultras Yomus (Valencia CF) Gaunas Sur (CD Logroñés) Ultra Boys (Real Sporting de Gijón)
Historia O 13 de decembro de 1987, a tribuna sur do entón El Sadar foi o escaparate para a estrea dun novo grupo de seareiras e seareiros chamado "Indar Gorri". A afección do Club Atlético Osasuna estaba un pouco anoxada por molestias en viaxes anteriores. Por este motivo, da unión dun par de grupos de afeccionados e co Monumento aos Foros como punto dos seus primeiros encontros, xorde Indar Gorri. O grupo converteuse en oficial nun encontro entre o Club Atlético Osasuna e o CD Sabadell.
A diferenza doutros grupos de seareiras e seareiros do Osasuna, Indar Gorri non ocultaba o seu carácter. Pasou de ser un movemento espontáneo a ter un gran grupo de seguidores. Unha das súas actividades máis sinaladas é o Día contra o Racismo. De feito, foron dos pioneiros en organizar actos contra a xenofobia no fútbol. Amais de conferencias e exposicións sobre esta cuestión, xógase un partido amigábel.
A organización leva case un cuarto da historia do club vermello animando de forma ininterrompida. O 2 de febreiro de 2016 foron detidos 18 membros acusados de lesións. O 5 de maio de 2022 anunciou que deixaría de animar no estadio local de El Sadar durante o que quedaba de tempada. O motivo era a avalancha de sancións económicas que estaba a recibir, principalmente por estar nunha zona da bancada que, en teoría, está habilitado para ese fin.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial de Indar Gorri Blog de Indar Gorri Foro de Indar Gorri
Categoría:Deporte en Pamplona Categoría:Seareiros ultras de España Categoría:Fútbol en España