Escape from Tarkov é un videoxogo de disparos en primeira persoa multixogador en desenvolvemento por Battlestate Games para Windows no motor gráfico Unity.

O xogo está ambientado na rexión ficticia de Norvinsk, onde está a ter lugar unha guerra entre dúas compañías militares privadas (United Security "USEC" e o Battle Encounter Assault Regiment "BEAR"). Os xogadores equípanse, únense a partidas chamadas raids (incursións) nas que loitan contra outros xogadores e bots (IA) polo equipamento dos demais e o loot (botín) do mapa e precisan "escapar" do mapa por uns puntos de extracción para conservar o equipo.

Notas

Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos desenvolvidos en Rusia Categoría:Videoxogos en desenvolvemento