Tiso, ás veces Tirso (en , romanizado: Thúrsos, literalmente «tirso», «contemplador»; en ), finado en Apolonia contra 251, é venerado como mártir cristián.
Haxiografía Foi asasinado pola súa fe en Apolonia, Frixia, durante a persecución do emperador Decio.
Leucio (Λεύκιος Leúkios) e Calínico (Καλλίνικος Kallínīkos) foron martirizados canda el. A tradición di que Tirso soportou moitas torturas e foi sentenciado a ser serrado pola metade. Porén, a serra non penetrou, pois volveuse tan pesada que os verdugos non puideron usala.
Leucio, despois de reprochar o gobernador Cumbricius, foi colgado, gradado nos seus costados e logo decapitado.
Calínico, sacerdote pagán, converteuse despois de ver o martirio de Tirso e tamén foi decapitado.
Veneración As reliquias de Tirso foron levadas a Constantinopla. Algunhas delas foron levadas a Francia. De feito, a catedral de Sisteron, nos Alpes de Alta Provenza, está consagrada a Notre-Dame et Saint Thyrse. No século XII tamén se lle dedicou a igrexa de Châteauponsac (na rexión de Lemosín). O seu culto fíxose popular na Península Ibérica desde a Idade Media. Inicialmente coñecido como Santo Tirso, permaneceu así só en Portugal. En España é coñecido como San Tirso, ou Santiso en Galiza e Asturias.
Tirso tiña un oficio litúrxico completo no rito mozárabe.
Padroádego Na provincia de León está a localidade de San Tirso. É tamén o patrón de Benazolve, Garaño, Lugán, Matueca de Torío, Sobrepeña, Villahibiera, Moldes, Sopeña de Carneros e Puebla de Lillo. Na provincia de Zamora é o patrón de Barrio de Rábano, Cervantes e Arquillinos. Nas localidades de Milla de Tera celébrase o día de Santo Tirso. En Dornillas ten dedicada unha ermida. Na provincia de Ourense é o patrón de Lardeira, Santa Cristina e Veigamuíños. En Arnedillo (A Rioxa) celébrase unha romaría á ermida do santo a última fin de semana de xaneiro. En Asturias existen varias vilas como Santiso de Abres e San Tisu. En Toñanes (Cantabria) atópase o templo parroquial de San Tirso. Na Serra de Cantabria (Áraba), a 1300 metros de altitude, está a ermida de San Tirso. En Portugal leva o seu nome unha cidade fundada polos beneditinos na Idade Media, no actual distrito do Porto.
Onomástica A Igrexa católica celebra a súa onomástica o 14 de decembro. En España, concretamente na Rexión de León, celébrase o 28 de xaneiro. Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Tiso Ligazóns externas
AUG.edu Augusta State University: foto dunha imaxe policromada de San Tirso sostendo unha serra, en Palas de Rei (Galiza AUG.edu Foto doutra escultura en pedra branca na Praza do Concello, en Palas de Rei SaintPatrickDC.org Santos do 28 de xaneiro: Thyrsus, Leucius e Callinicus
Categoría:Nados en Esmirna Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Finados en 251 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia