Falling for Christmas é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Janeen Damian. O guión foi escrito por Jeff Bonnett e Ron Oliver. Está protagonizado por Lindsay Lohan, xunto con Chord Overstreet, George Young, Jack Wagner e Olivia Perez nos papeis secundarios. É o primeiro papel de Lohan nunha gran produción en máis dunha década despois dunha serie de reveses na súa carreira mentres se recuperaba de adiccións e problemas legais. Brad Krevoy e Michael Damian son os produtores do filme, que se anunciou por primeira vez en maio de 2021 e comezou a produción en Utah en novembro de 2021.

Estreouse o 10 de novembro de 2022 a través de Netflix, onde conta con versión subtitulada en galego. Foi traducido por Laura Feijóo.

Personaxes Lindsay Lohan como Sierra Belmont Chord Overstreet como Jake George Young como Tad Jack Wagner como Beauregard Belmont Olivia Perez como Avy Alejandra Flores como Alejandra Carlisle Chase Ramsey como Terry Carver Sean J. Dillingham como Ralph Antonio D. Charity como Sheriff Borden Blythe Howard como Dr. Layla Monroe Aliana Lohan como Stylist

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Utah Categoría:Filmes sobre amnesia Categoría:Filmes de 2022 con versión en galego