Cosroes I ou Khosrau I (en persa: انوشروان [Anushiravān]; 501 - 579) foi un dos reis máis importantes da dinastía sasánida do Segundo Imperio Persa. Foi o artífice da expansión do imperio ata o río Indo e o mar Vermello, e enfrontouse ao Imperio Bizantino polo dominio do Oriente Medio. Os seus ataques foron tan contundentes que o emperador bizantino Xustiniano tivo que comprar a paz pagando un tributo de 11.000 pezas de ouro. Reorganizou a administración do imperio, que dividiu en catro distritos. Foi un rei tolerante e acolleu aos últimos filósofos pagáns de Atenas cando o emperador pechou a Academia de Atenas. Reinou durante case medio século, dende o 531 ata o 579, cando Hormizd IV o sucedeu.

Notas

Categoría:Nados en 496 Categoría:Persia Categoría:Monarcas Categoría:Dinastía sasánida