Oscar Jack Piastri ( nado o 6 de abril de 2001) é un piloto de carreiras australiano, que compite na Fórmula Un para McLaren. Piastri gañou 9 Grandes Premios de Fórmula 1 en tres tempadas.

Nado e criado en Melbourne, Piastri comezou a súa carreira nas carreiras de coche con radiocontrol antes de pasarse ao karting aos nove anos. Empezou nas Fórmula junior en 2016, Piastri gañou o seu primeiro campionato na Fórmula Renault Eurocup 2019 con R-ace GP. Despois gañou o Campionato de Formula 3 de 2020 e o Campionato de Fórmula 2 de 2021 consecutivamente con Prema, converténdose o sexto piloto da historia en gañar o título de GP2/Fórmula 2 na súa tempada de novato. Piastri é o único piloto da historia que gañou campionatos de Fórmula Renault, Fórmula 3 e Fórmula 2 ou equivalentes en tempadas sucesivas.

Membro da Academia Alpine de 2020 a 2021, Piastri asinou con McLaren en como compañeiro de Lando Norris, tras unha disputa contractual con Alpine. Debutou na Fórmula Un no Gran Premio de Bahrain de 2023, logrando o seu primeiro podio da súa carreira na súa tempada de novato no Gran Premio do Xapón de 2023. Conservando o seu asento para , Piastri logrou a súa primeira vitoria en Hungría, converténdose no quinto piloto australiano en gañar un Gran Premio de Fórmula Un. En , conseguiu sete vitorias máis, así como a súa primeira pole position no Gran Premio da China de 2025, e terminou terceiro no campionato en loita polo título con Norris e Max Verstappen.

Ata o Gran Premio de Hungría de 2026, Piastri conseguiu 9 vitorias, 6 poles, 9 voltas rápidas e 28 podios na Fórmula Un. Piastri ten un contrato para permanecer en McLaren polo menos ata o final da tempada de .

Vida persoal Oscar Piastri é fillo de Chris e Nicole (de solteira MacFadyen) Piastri en Melbourne, Australia. Asistiu ao Haileybury College Melbourne e ao Haileybury College do Reino Unido como alumno de internado cunha bolsa deportiva. Chris Piastri serviu como mecánico do seu fillo durante os primeiros anos de Oscar nas carreiras en Australia e agora é o fundador e propietario de HP Tuners, unha empresa de software de diagnóstico de vehículos para automóbiles. Oscar ten tres irmás. Ten devanceiros italianos, iugoslavos e chineses.

Inicios nas carreiras Karting Piastri comezou a correr con coches teledirixidos a nivel nacional antes de comezar a súa carreira de karting en 2011. Despois de ser profesional e competir en varias carreiras e campionatos australianos en 2014, Piastri comezou a competir en Europa e outros campionatos de karting sancionados pola CIK-FIA con Ricky Flynn Motorsport ao ano seguinte. Trasladouse ao Reino Unido para avanzar na súa carreira como pilotor en 2016, rematando sexto no Campionato do Mundo de 2016 en Bahrain.

Fórmula 4 2016 left|thumb|Piastri correndo no British F4 en 2017 A principios de 2016, Piastri conseguiu o seu primeiro patrocinio importante, HP Tuners (fundado e propiedade do seu pai), que axudou a financiar a súa andaina nas carreiras. Amosouno no seu traxe de carreiras e no seu coche durante as tempadas da serie GP3, F3 e F2. Máis tarde, en 2016, Piastri fixo o seu debut nun monopraza en roldas seleccionadas do Campionato de Fórmula 4 dos EAU con Dragon F4, logrando dous podios para ocupar o sexto lugar do campionato.

2017 En 2017 Piastri foi elixido como parte da formación do TRS Arden Junior Racing Team para o campionato británico Británico de F4. Alí logrou seis vitorias e seis pole positions para rematar como subcampión de Jamie Caroline.

Serie GP3 En decembro de 2018, Piastri participou na proba de postempada en Yas Marina con Trident.

Fórmula Renault Eurocup 2018 thumb|Piastri correndo en Monza no Campionato Formula Renault Eurocup de 2018 En 2018, Piastri fixo o seu debut no campionato, reencontrándose con Arden. Conseguindo tres podios, cunha segunda posición na segunda carreira en Hockenheim, rematou a tempada noveno no campionato.

2019 En decembro de 2018, anunciouse que Piastri cambiaría aos vixentes campións por equipos R-ace GP para o campionato 2019. Obtivo a súa primeira vitoria na serie en Silverstone e repetiu cunha segunda vitoria no mesmo circuíto un día despois. Converteuse no primeiro piloto en gañar tres carreiras en 2019 tras conseguir a vitoria en Spa-Francorchamps en xullo, e converteuse no campión tras lograr unha vitoria e o cuarto posto na rolda final en Yas Marina.

Campionato da FIA de Fórmula 3

Competiu no Campionato da FIA Fórmula 3 de 2020 co equipo Prema Racing. Gañou a súa carreira de debut na categoría en Austria. Subiu ao podio tres veces seguidas nas roldas 3 e 4, e volveu gañar na 2ª carreira de Barcelona. Subiu ao podio por última vez na 1ª carreira de Monza. Na última rolda, Piastri terminou sétimo na 2ª carreira, o que lle permitiu coroarse campión por tres puntos, por diante de Théo Pourchaire e o seu compañeiro Logan Sargeant.

Fórmula 2

miniatura|Piastri pilotando para PREMA Racing na Fórmula 2 2021.

En 2021 continuou en Prema para competir no Campionato da FIA de Fórmula 2. A súa primeira vitoria na categoría foi na 2ª carreira da primeira rolda. Grazas aos bos resultados que inclúen dous podios en Mónaco, un en Bakú e outro en Silverstone, Piastri tomou o liderado do campionato despois da cuarta rolda, superando a Guanyu Zhou, o seu compañeiro de equipo na Academia Alpine. Nas últimas catro xornadas logrou catro pole positions e cinco vitorias que lle permitiron facerse co título na última xornada do ano.

Fórmula Un Piastri uniuse á Renault Sport Academy en xaneiro de 2020. Despois de gañar o Campionato da FIA de Fórmula 3 no 2020, participou na súa primeira proba de Fórmula 1 en outubro co Renault F1 Team, conducindo o Renault R.S.18 no Circuíto Internacional de Bahrain xunto aos pilotos compañeiros na académia Christian Lundgaard e Zhou Guanyu. Seguiu sendo parte da agora rebautizada Academia Alpine en 2021 e pilotou o Alpine A521 na proba de novos pilotos de postemporada no Circuíto de Yas Marina en decembro.

Despois da súa vitoria na Fórmula 2, Piastri foi nomeado piloto de reserva do Alpine F1 Team para a tempada . Tamén estivo dispoñible como piloto reserva para McLaren tras un acordo entre os dous equipos. Participou en máis sesións de probas no Alpine A521 durante toda a tempada, incluíndo o Circuíto das Américas, Circuíto Internacional de Losail e Circuíto de Silverstone.

Alpine e Piastri chegaron a un acordo para finalizar o contrato de Piastri con Alpine o 12 de novembro de 2022, o que lle permitiu pilotar para McLaren na sesión de probas do Gran Premio de Abu Zabi.

McLaren (2023–) Tempada 2023 Piastri correu para McLaren no xunto a Lando Norris. Alpine acordou rescindir o contrato de Piastri antes de tempo para permitir que Piastri se unira a McLaren na sesión de probas de postempada inmediatamente despois do Gran Premio de Abu Zabi de 2022. Na súa primeira carreira no Gran Premio de Bahrain, Piastri foi o primeiro retirarse da carreira na volta 14, onde o seu coche non se reiniciou tras un cambio de volante.

thumb|Piastri no Gran Premio de Austria de 2023 con McLaren. Chegou á terceira sesión de clasificación (Q3) no e clasificouse oitavo, pero o contacto na primeira volta con Pierre Gasly fixo necesario o cambio da á dianteira e deixou a Piastri fóra do top 10. Os seus primeiros puntos chegaron na súa primeira carreira en casa, o Gran Premio de Australia de 2023, onde se clasificou 16º e terminou oitavo, axudado pola retirada de oito pilotos. Alcanzou de novo a Q3 no pero terminou 11º, pouco máis de dous segundos por debaixo do décimo lugar. Un "gran fallo" no seu MCL60 deulle un 19º lugar no . A súa segunda clasificación nos puntos chegou no cun décimo posto, pero Piastri non anotou ningún punto nas seguintes tres carreiras, a pesar de alcanzar a Q3 no Gran Premio de España e Gran Premio de Austria.

As melloras introducidas no MCL60 produciron unha mellor presentación no Gran Premio do Reino Unido onde Piastri clasificouse no terceiro posto por detrás de Norris. Piastri perdeu o seu primeiro podio tras ser rebasado durante aa paradas en boxes por Lewis Hamilton, pero logrou o seu mellor resultado da súa carreira ata 0 momento ao quedar no cuarto lugar. Clasificouse cuarto no e correu no segundo lugar nas primeiras voltas, pero caeu ao quinto posto cando chegou a bandeira a cadros. Clasificouse segundo no sprint do, 0,011 segundos detrás do pole-sitter Max Verstappen. Gañou o liderado de Verstappen nos boxes pero despois foi superado tras un coche de seguridade, quedando segundo. O día da carreira, con todo, Piastri retirouse na primeira curva tras chocar con Carlos Sainz de Ferrari Clasificouse sétimo para o pero un contacto con Lewis Hamilton obrigoulle a cambiar a á dianteira e deixou a Piastri fóra dos puntos. Unha bandeira vermella na cualificación resultou nunha saída no 17º lugar en , pero Piastri recuperouse para anotar puntos na sétima posición.

O 20 de setembro, Piastri asinou unha extensión de contrato para permanecer con McLaren ata finais de 2026. Días máis tarde, clasificouse segundo para o Gran Premio do Xapón, a súa primeira vez no Circuíto de Suzuka, detrás de Max Verstappen e por diante do seu compañeiro Norris. Rematou a carreira en terceiro lugar detrás de Norris para conseguir o seu primeiro podio na Fórmula Un, converténdose no primeiro novato en facelo desde Lance Stroll en . Este tamén foi o primeiro dobre podio de McLaren desde o Gran Premio de Italia de 2021. Logo clasificouse primeiro para o sprint do e aguantou a Verstappen para conseguir a vitoria.. Comezou sexto para a carreira principal e mellorou ata o segundo posto na meta por diante de Norris, logrando o seu segundo podio nun Gran Premio. Os danos dunha colisión con Esteban Ocon obrigaron a súa retirada no Gran Premio dos Estados Unidos de 2023 despois de comezar o 10º. Comezou de novo décimo no Gran Premio do Brasil de 2023, pero os danos por contacto cos restos fixeron que rematase dúas voltas menos no 14º posto. Rematou a tempada clasificándose 19º no , pero recuperándose ata o 10º e marcando a volta rápida da carreira, despois clasificándose terceiro e terminando sexto en .

2024: Primeiras vitorias thumb|Piastri no Gran Premio da China de 2024 con McLaren

Piastri comezou o tempada 2024 clasificándose e rematando oitavo no , seguido de cuartos postos en Arabia Saudita e Australia e máis puntos no Xapón e da China. No , terminou sexto no sprint pero 13º na carreira principal, gañado polo seu compañeiro de equipo Norris, tras unha colisión con Carlos Sainz. nunha batalla polo segundo lugar. Piastri clasificouse segundo no Gran Premio da Emilia-Romaña de 2024, pero descendeu ao quinto posto por obstaculizar a Kevin Magnussen e finalizou cuarto. Despois clasificouse e terminou segundo no Gran Premio de Mónaco, conseguiu o seu primeiro podio da tempada e conseguiu máis puntos nos Grandes Premios do Canadá e España. No , Piastri superou a Norris para terminar segundo no sprint, despois beneficiouse dunha colisión tardía entre Norris e Verstappen para terminar segundo na carreira principal, a 1,9 segundos do gañador George Russell. Piastri alcanzou o segundo lugar no Gran Premio do Reino Unido de 2024 despois de clasificarse quinto, pero perdeu posicións cando McLaren cambioulle aos pneumáticos intermedios unha volta máis tarde que Norris e rematou cuarto.