Sara Josephine Baker, nada o 15 de novembro de 1873 en Poughkeepsie, Nova York e finada o 22 de febreiro de 1945 en Nova York, foi unha médica estadounidense, coñecida por estudar a mortalidade infantil e reducila sanitariamente. Traxectoria

Foi a primeira cidadá dos Estados Unidos en doutorarse en saúde pública . Como directora do departamento de hixiene infantil de Nova York, axudou a reducir a taxa de mortalidade infantil da cidade ao mínimo, máis que calquera outra cidade do país .

Baker apoiou a creación da Asociación Americana de Hixiene Infantil e organizou o que máis tarde se coñecería como a Federación de Benestar Infantil de Nova York . Tamén publicou cinco libros sobre hixiene infantil .

Notas

Categoría:Médicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1873 Categoría:Nados en Nova York (estado) Categoría:Finados en 1945 Categoría:Alumnos da Universidade de Nova York