Isabelle Stengers, nada en Bruxelas en 1949, é unha filósofa, historiadora da ciencia e epistemóloga, de nacionalidade belga.
Traxectoria Graduouse en química na Universidade Libre de Bruxelas.
A profesora Stengers é quizás unha das pensadoras máis influentes e celebradas, debido sobre todo aos seus escritos acerca da filosofía da ciencia. Traballa como profesora asociada en filosofía da ciencia na Universidade Libre de Bruxelas, e recibiu, en 1993, o gran premio de filosofía que outorga a Academia Francesa.Ver: http://www.upress.umn.edu/Books/S/stengers_cosmopoliticsI.html y http://www.v2.nl/archive/people/isabelle-stengers Stengers elaborou extensos textos achega do filósofo anglo-norteamericano Alfred North Whitehead, e outro dos seus traballos incluíu a filósofos franceses Michel Serres e Gilbert Simondon.
Notable pola súa propia obra filosófica, a profesora Stengers colaborou con intelectuais tan destacados como Leon Chertok, Ilya Prigogine e Bruno Latour.
Notas
Categoría:Nados en Bruxelas Categoría:Alumnos da Universidade Libre de Bruxelas Categoría:Filósofos de Bélxica Categoría:Nados en 1949 Categoría:Filósofos da ciencia