The Alan Parsons Project foi unha banda de rock inglesa activa entre 1975 e 1990, cuxos membros principais eran o produtor, enxeñeiro de son, músico e compositor Alan Parsons e o cantante, compositor e pianista Eric Woolfson. Estiveron acompañados por distintos músicos de sesión, algúns deles relativamente constantes, como o guitarrista Ian Bairnson, o arranxador Andrew Powell, o baixista e vocalista David Paton, o batería Stuart Elliott, e os vocalistas Lenny Zakatek e Chris Rainbow. Parsons e Woolfson compartiron as tarefas de composición en case todos os temas do grupo, encargándose Parsons de producir ou coproducir todas as gravacións.

The Alan Parsons Project publicou once álbums de estudio nos seus 15 anos de carreira, sendo os máis exitosos I Robot (1977) e Eye in the Sky (1982). Moitos dos seus álbums teñen unha natureza conceptual e céntranse na ciencia ficción, no sobrenatural e temas literarios e sociolóxicos. Entre os temas máis populares do grupo atópanse "I Wouldn't Want to Be Like You", "Games People Play", "Time", "Sirius"/"Eye in the Sky" e "Don't Answer Me".

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloTales of Mystery and Imagination1976Charisma RecordsI Robot1977Arista RecordsPyramid1978Arista RecordsEve1979Arista RecordsThe Turn of a Friendly Card1980Arista RecordsEye in the Sky1982Arista RecordsAmmonia Avenue1984Arista RecordsVulture Culture1985Arista RecordsStereotomy1985Arista RecordsGaudi1987Arista RecordsFreudiana1990EMIThe Sicilian Defence2014Arista Records

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de rock progresivo Categoría:Grupos musicais de art rock

Categoría:Grupos musicais formados en 1975