Antes da pandemia de COVID-19 e do golpe de estado de febreiro de 2021, a situación económica de Myanmar presentaba descensos masivos da pobreza, un rápido crecemento económico e unha mellora do benestar social. Non obstante, desde o golpe, a asistencia estranxeira cesou da maioría das fontes de financiamento. O investimento estranxeiro oscila segundo os anos e as conxunturas, e o subdesenvolvemento, o cambio climático e o investimento desigual ameazan o progreso e a planificación da sostibilidade.

A agricultura é a principal actividade económica; ocupa a case 70% da poboación activa e contribúe nun 24% ó produto interior bruto. O cultivo predominante é o arroz, que ocupa preto da metade das terras cultivables. Os demais cultivos (algodón, cacahuete, hevea e té) son secundarios. É de destacar a produción de opio.

Durante as décadas de 1970 até o 2000, a forte centralización da economía en mans do Estado creou graves problemas. Na actualidade, unha parte importante da industria pesada, a enerxía e o comercio do arroz continúan en poder do Estado e o investimento privado céntrase no resto de sectores. Sen estabilidade monetaria nin fiscal, e cunha gran porcentaxe de mercado negro que obriga á administración a un férreo control do comercio de produtos alimenticios.

A explotación forestal é intensa: Myanmar ocupa a primeira posición mundial na produción de teca. As industrias extractivas, outrora destacadas, están hoxe día en retroceso, do mesmo xeito que a produción petrolífera. O sector industrial, anticuado, vive un momento delicado, cunha notable falta de investimentos.

A Organización Internacional do Traballo dentro do seu informe de xullo do 1998, describe a utilización sistemática de traballos forzados polos militares sobre a poboación civil.thumb|Centro de Yangon.|centro Notas

Myanmar Categoría:Myanmar