Cneo ou Gneo Bebio Tánfilo (en latín, Cn. Baebius Q. f. Cn. n. Tamphilus)Klebs, E. (1896). «Baebius (41) foi un político e militar da Antiga Roma. Pertencía á gens Bebia e era fillo de Quinto Bebio Tánfilo. foi o primeiro membro da gens en se chegar a cónsul no 182 a. C.;Smith 1867, p. 452 seu irmán Marco Bebio Tánfilo, tamén o foi no ano seguinte.
Traxectoria
Carreira política Foi tribuno da plebe no ano 204 a.C. cando someteu a xuízo político aos censores saíntes Marco Livio Salinátor e Caio Claudio Nerón polo xeito irregular en que cumpriran os deberes do seu cargo; o Senado, a pesar de que non estaba contento cos acusados, obrigouno a retirar a acusación polo principio de non responsabilidade dos censores.Lívio, de Ab Urbe Condita XXIX 37Valerio Máximo, Factorum et Dictorum Memorabilium, Libro VII, 2.6
No 200 a. C., actuou como edil plebeoLivio, Ab Urbe Condita XXXI, 50, 3 e no 199 a.C. foi pretor. Recibiu o mando das lexións do cónsul do ano anterior, Caio Aurelio Cota, estacionadas nas proximidades de Ariminium, con instrucións de esperar a chegada do novo cónsul Lucio Cornelio Léntulo; pero Tánfilo, ansioso por obter gloria, fixo unha incursión no país dos ínsubros e foi derrotado con grandes perdas. Cando chegou Léntulo pouco despois, ordenóuselle saír da provincia e foi enviado a Roma en desgraza.Lívio, Ab Urbe Condita XXXI 49, 50Lívio, Ab Urbe Condita XXXII 1, 7
No 186 a.C. foi un dos triunviros designados (coloniis deducendis) para fundar as colonias de Sipontum e BuxentumLívio, Ab Urbe Condita XXXIX 23, 56Broughton, 1951, p. 372 e no ano 182 a.C. chegou ao cume do seu cursus honorum cando foi cónsul con Lucio Emilio PauloBroughton 1952, p. 381 e, xuntos, loitaron contra os ligures con éxito.
A derradeira noticia sobre el foi no ano seguinte cando é mencionado como procónsul na provincia de Liguria.Livio, Ab Urbe Condita XL, 19, 8; XL, 25, 7 e XL, 26, 1.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Marco Bebio Tánfilo Cónsules romanos na República
Ligazóns externas
VALERI MAXIMI FACTORVM ET DICTORVM MEMORABILIVM, en The Latin Library
Categoría:Nobres romanos Categoría:Cónsules da República romana Categoría:Nados no século -III Categoría:Finados no século -II Categoría:Tribunos da plebe Categoría:Gens Bebia