The Incredible String Band (ás veces abreviado como ISB) foi unha banda escocesa de folk psicodélico formada por Clive Palmer, Robin Williamson e Mike Heron en Edimburgo no ano 1966. O grupo tivo un número de seguidores considerable, especialmente entre a contracultura británica, e destacou cos seus álbums The 5000 Spirits or the Layers of the Onion, The Hangman's Beautiful Daughter, e Wee Tam and the Big Huge. Foron pioneiros no folk psicodélico e, a través da integración dunha gran variedade de formas de música tradicional, no desenvolvemento da world music.

Tras a temperá marcha de Palmer, Williamson e Heron actuaron como dúo, incorporando despois a outros músicos. A banda separouse en 1974. No ano 1999 reformouse e continuou tocando con distintas formacións ata 2006.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloThe Incredible String Band1966Elektra RecordsThe 5000 Spirits or the Layers of the Onion1967Elektra RecordsThe Hangman's Beautiful Daughter1968Elektra RecordsWee Tam and the Big Huge1968Elektra RecordsChanging Horses1969Elektra RecordsI Looked Up1970Elektra RecordsU1970Elektra RecordsBe Glad for the Song Has No Ending1971Island RecordsLiquid Acrobat as Regards the Air1971Island RecordsEarthspan1972Island RecordsNo Ruinous Feud1973Island RecordsHard Rope & Silken Twine1974Island Records

Notas

Categoría:Grupos musicais de Edimburgo Categoría:Grupos musicais de folk psicodélico Categoría:Grupos musicais de folk progresivo Categoría:Grupos musicais de folk rock Categoría:Grupos musicais formados en 1966