Fairport Convention é unha banda inglesa de folk rock formada en 1967 polos guitarristas Richard Thompson e Simon Nicol, o baixista Ashley Hutchings e o batería Shaun Frater (sendo Frater substituído por Martin Lamble tras o primeiro concerto). Comezaron fortemente influenciados polo folk rock americano, cun repertorio dominado por cancións de Bob Dylan e Joni Mitchell e un son que lles valeu o alcume "o Jefferson Airplane británico". Os vocalistas Judy Dyble e Iain Matthews uníronse antes da gravación do seu álbum de estrea autotitulado en 1968.Humphries, pp. 7-9 Despois, Dyble foi substituída por Sandy Denny, marchando Matthews posteriormente durante a gravación do terceiro álbum.Humphries, p. 27
Denny comezou a dirixir o grupo cara a música tradicional británica nos seus seguintes dous álbums, What We Did on Our Holidays e Unhalfbricking (ámbolos dous de 1969); o segundo contando co violinista Dave "Swarb" Swarbrick que destacou sobre todo na canción "A Sailor's Life", que sentou as bases para o folk rock británico ao ser a primeira vez que unha canción británica tradicional combinouse cun ritmo de rock. Pouco antes do lanzamento do álbum, un accidente na autoestrada M1 matou a Lamble e a Jeannie Franklyn, a entón moza de Thompson. Este feito fixo que o grupo retirase a meirande parte do seu material anterior e se volvese completamente cara a música folk británica para o seu álbum seminal Liege & Lief, lanzado ese mesmo ano. Este estilo converteuse no foco da banda dende entón.Hutchings, Ashley. Liege and Lief. 2002, reedición de Island Records, IMCD 291 / 596 929-2, encarte do álbum. Para o seu álbum Swarbrick uniuse a tempo completo o batería Dave Mattacks. Tanto Denny como Hutchings marcharon antes de que finalizase o ano. O último foi substituído por Dave Pegg, que ten sido o único membro constante do grupo dende entón. Thompson marchou tras a gravación do Full House de 1970.
Nos anos 70 houbo moitos cambios na formación ao redor do núcleo formado por Swarbrick e Pegg (Nicol estivo ausente a metade da década) e a súa popularidade baixou xa que a música folk estaba perdendo terreo en favor do mainstream. Denny, cuxo socio Trevor Lucas fora guitarrista no grupo dende 1972, regresou para o álbum Rising for the Moon, orientado ao pop, en 1975 nun intento final por entrar nos Estados Unidos. Este esforzo fracasou, e tras tres álbum máis sen Denny e Lucas, o grupo separouse en 1979. Tocaron un concerto de despedida na vila de Cropredy, Oxfordshire, onde levaban facendo pequenas actuacións dende 1976, e iso marcou o inicio do Cropredy Festival (coñecido dende 2005 como a Fairport's Cropredy Convention) que se converteu no maior festival folk do Reino Unido, cuns 20 000 visitantes cada ano.
A banda foi reformada por Nicol, Pegg, e Mattacks en 1985, uníndoselles Maartin Allcock (guitarra, mandolina, teclados, voces) e Ric Sanders (violín tradicional, teclados), e leva activa dende entón. Allcock foi substituído por Chris Leslie (mandolina, violín, voces) en 1996, e Gerry Conway substituíu a Mattacks en 1998. O seu 29º álbum de estudio, Shuffle and Go, foi editado no ano 2020, e a banda continúa sendo cabeza de cartel en Cropredy cada ano.
A pesar do seu pouco éxito entre o gran público (o seu único sinxelo top 40 foi "Si Tu Dois Partir", unha versión en francés do tema de Dylan "If You Gotta Go, Go Now") Fairport Convention segue sendo un artista moi influente no folk rock británico e no folk británico en xeral. Liege & Lief foi nomeado o "álbum de folk máis influente da historia" nos Folk Awards da BBC Radio 2 en 2006, e o estilo de Pegg foi imitado por moitos no folk rock e no folk punk.Fairport Convention, The Cropredy Box (Woodworm, WR3CD026, 1998) disk 2. Ademais, moitos antigos membros formarían ou uniríanse a outros destacables grupos do xénero, como Fotheringay, Steeleye Span, e The Albion Band, xunto con carreiras en solitario das que destacarían as de Thompson e Denny. A carreira de Sandy Denny rematou coa súa morte en 1978, aínda que no presente está considerada entre as mellores cantautoras británicas. A súa canción "Who Knows Where the Time Goes?", gravada por Fairport en Unhalfbricking, converteuse nunha canción emblemática para ela e a banda.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloFairport Convention1968Polydor Records/Cotillion RecordsWhat We Did on Our Holidays1969Island Records/A&M RecordsUnhalfbricking1969Island RecordsLiege & Lief1969Island Records/A&M RecordsFull House1970Island Records/A&M RecordsAngel Delight1971Island Records"Babbacombe" Lee1971Island RecordsRosie1973Island Records/A&M RecordsNine1973Island Records/A&M RecordsRising for the Moon1975Island RecordsGottle O'Geer1976Island RecordsThe Bonny Bunch of Roses1977Vertigo RecordsTipplers Tales1978Vertigo RecordsGladys' Leap1985Woodworm RecordsExpletive Delighted!1986Woodworm RecordsRed & Gold1988Rough Trade RecordsThe Five Seasons1990New RoutesJewel in the Crown1995Woodworm RecordsOld New Borrowed Blue1995Woodworm RecordsWho Knows Where the Time Goes?1997Woodworm RecordsThe Wood and the Wire1999Woodworm RecordsXXXV2002Woodworm RecordsOver the Next Hill2004Matty Grooves RecordsSense of Occasion2007Matty Grooves RecordsFestival Bell2011Matty Grooves RecordsBy Popular Request2012Matty Grooves RecordsMyths and Heroes2015Matty Grooves Records50:50@502017Matty Grooves RecordsShuffle and Go2020Matty Grooves Records
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de folk rock Categoría:Grupos musicais de folk Categoría:Grupos musicais formados en 1967