Volodymyr Vakulenko (en ), nado o 1 de xullo de 1972 e finado en 2022, foi un poeta, escritor de literatura infantil e wikipedista ucraíno, que tamén participou en voluntariado e activismo. Foi asasinado durante a ocupación rusa da área de Khárkiv, en Ucraína en 2022. Recibiu o Premio Literario Internacional Oles Ulianenko e foi laureado do Concurso Les Martovych.

Vakulenko foi secuestrado polos invasores rusos preto de Izium antes de ser asasinado durante a ocupación temporal da Óblast de Khárkiv. Así o informa PEN Ucraína, citando á exmuller de Vakulenko, Iryna Novytska, quen escribiu que "os pais de Vakulenko foron informados de que, tras os resultados de ADN, o corpo do seu fillo estaba na tumba №319".

A Vakulenko sobrevivírono o seu fillo Vitalii, de 7 anos, e os seus pais.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Invasión rusa de Ucraína de 2022

Categoría:Nados en 1972 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Escritores de Ucraína Categoría:Wikimedistas