Days of Future Passed é o segundo álbum de estudio da banda inglesa de rock progresivo The Moody Blues, publicado o 10 de novembro de 1967 a través do selo Deram Records. Coa súa fusión deelementos orquestrais e de rock, foi citado como un dos primeiros exemplos de rock progresivo.
O álbum gravouse nun tempo no que The Moody Blues estaba pasando por dificultades económicas e carecía de éxito da crítica e comercial. O seu selo principal, Decca Records, ofreceulle a oportunidade de gravar un álbum en estéreo que combinase a súa música con interludio orquestrais. A banda decidiu compoñer un conxunto de cancións sobre a vida do home cotián, co grupo e a orquestra tocando principalmente por separado e mesturandose xuntos despois. O disco tivo un éxito moderado tras o seu lanzamento, pero despois da súa aparición na radio, particularmente o seu exitoso sinxelo "Nights in White Satin", chegou ao top 10 estadounidense en 1972. Dende entón foi listado entre os álbums máis importantes de 1967 pola Rolling Stone.
Listaxe de cancións Todas as composición acreditadas orixinalmente a "Redwave-Knight", agás "Dawn Is a Feeling", "Forever Afternoon (Tuesday)", "The Sunset" e "Nights in White Satin".
Nota: "(Evening) Time to Get Away" non está listada na edición orixinal, pero dende entón aparece en todas as listaxes.
Notas
Categoría:Álbums de The Moody Blues Categoría:Álbums musicais de 1967 Categoría:Álbums producidos por Tony Clarke Categoría:Álbums de Deram Records