Lobios é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia, situado na Raia Seca, na fronteira entre Galicia e Portugal. No ano 2019, segundo o INE, tiña 1.678 habitantes, dos cales 839 son homes e 839 mulleres.
Historia Prehistoria A primeira evidencia de poboamento humano en Lobios remóntase ao Paleolítico, como demostran as descubertas arqueolóxicas na zona de Río Caldo. A partir de mediados do IV milenio a. C., os primeiros pobos pastores e agricultores establecéronse na área, deixando numerosos monumentos megalíticos entre os que destacan as necrópoles tumularias de San Bieito e a Anta do Couto.
A presenza dos primeiros pobos metalúrxicos, correspondentes ao período Calcolítico, é evidente a partir do 2500 a. C., reflectida en asentamentos con materiais líticos e cerámicos. Destaca tamén a localización das cerámicas campaniformes", datadas arredor do 1800 a. C. A Idade do Bronce é menos coñecida na zona, con achados illados que corresponden coa súa fase inicial.
A cultura castrexa, representada polos castros construídos en lugares con defensas naturais, esténdese dende o século VI a. C. até o IV d. C.
Época romana A invasión romana do noroeste da Península Ibérica comeza no 215 a. C. nun proceso lento e irregular. A Gallaecia non entrou en conflito directo coas lexións romanas até case un século despois, coa incursión de Décimo Xunio Bruto Galaico en 137 a. C., culminando despois das campañas de Octavio Augusto. A Vía Nova, construída durante a dinastía dos Flavios (Vespasiano, Tito e Domiciano), conectou diversos pobos e cidades, entre elas Aquis Querquennis (Porto Quintela), Aquis Originis (Río Caldo) e outros centros urbanos, e representa un importante paso no proceso de romanización do Noroeste Peninsular. A expansión da economía, testemuñada pola fundación de villae, foi un dos principais logros da época.
Idade Media A Idade Media é menos coñecida a partir da evidencia arqueolóxica, agás por algúns achados dispersos pola comarca. Durante este período, a acción monacal, especialmente a dos beneditinos, foi relevante no proceso de repoboamento. Segundo algúns, no lugar da Cela naceu San Rosendo, bispo e abade, fundador de mosteiros como o de San Salvador de Celanova.
Coa independencia de Portugal no século XII, estas terras convertéronse en fronteiras periféricas.
Idades moderna e contemporánea thumb|Placa en homenaxe a Luís Soto en Lobios|esquerda|200x200px Durante este tempo, houbo varias guerras que afectaron a zona, especialmente o Couto de Arauxo.
Nas guerras carlistas e a Guerra civil española, os vellos camiños foron empregados para o contrabando, e a solidariedade dos habitantes axudou a quen o precisaba.
Buscalque foi o primeiro destino do político e xornalista Luís Soto, que se fixo mestre ao seu regreso da emigración na Arxentina. Tamén deu clase en Penosiños e Mondariz (1934-1936).
O exalcalde de Lobios José Lamela Bautista, foi nomeado xuíz honorario do Couto Mixto en 2015.
Demografía
Censo Total 1.868 (2016) Menores de 15 anos 105 (5.62 %) Entre 15 e 64 anos 1.020 (54.60 %) Maiores de 65 anos 743 (39.76 %)
Lobios na cultura popular galega Á entrada do Xurés/ perdín o meu cadeado:/ Nosa Señora bendita/ teno no seo gardado Xaquín Lorenzo Fernández, 31. Refírese á Nosa Señora do Xurés, cuxo Santuario se atopa na parroquia de Santa María de Río Caldo, concello de Lobios.. Adios, Torneiros do Val,/ despedida de Galicia;/ xa que rilláste-lo nabo/ rillai tamén a nabiza Xaquín Lorenzo Fernández, 31. No orixinal: rillastelo. Torneiros (do Val) é lugar da parroquia de Santa María de Río Caldo, último lugar de Portela do Home camiño de Portugal; de aí que o chame “despedida de Galicia”.. Anque me pintaran de ouro/ como ó San Bartolomeu,/ lugariño de Silvares/ non o esquecería eu Xaquín Lorenzo Fernández, 40. No orixinal, nono. Silvares é lugar de San Mamede de Grou, Lobios. Pode referirse a San Bartolomeu da Fraga, parroquia do concello de Lobeira.. Antoniño, se te fores,/ tira un tiro na Portela;/ pra que digan as meniñas:/ Alá vai o rei da terra Xaquín Lorenzo Fernández, 42). Refírese a Portela do Home, xa na linde con Portugal.. Antonio foise, foise,/ deu un tiro na Portela;/ quedaron dicindo as mozas:/ Alá vai o rei da terra Xaquín Lorenzo Fernández, 42.. Aquile que anda no baille,/ aquile que agora entrou,/ ten o beillar apurado,/ nin que fora dos de Grou! Xaquín Lorenzo Fernández, 44. No orixinal: Áquile. Hai unha parroquia chamada Santa Cruz de Grou, en Lobeira; outra, San Mamede de Grou, en Lobios; e unha terceira, San Martiño de Grou, compartida polos dous concellos.. As mociñas de Requeixo/ quen che mas dera levar/ no bolsillo do chileque/ como o papel de fumar Xaquín Lorenzo Fernández, 48. Requeixo é lugar de San Mamede de Grou.. As mociñas de Silvares/ son poucas e moi bonitas:/ parez a cama onde dormen/ o galiñeiro das pitas Xaquín Lorenzo Fernández, 49.. As mociñas de Valoiro/ son pequeniñas e flacas,/ por eso me dixo Xan:/ Se vas elí non te casas Xaquín Lorenzo Fernández, 49. O Valoiro é un lugar da parroquia de San Martiño de Grou no concello de Lobios.. Cando te queiras casar/ busca viño de Xeás,/ panciño de Vilanova/ e carneiro de Gaiás Xaquín Lorenzo Fernández, 56. Xeás é lugar de San Salvador de Torno, Lobios; Gaiás é lugar da parroquia de Santa Cruz de Grou, no concello de Lobeira; e San Salvador de Vilanova dos Infantes é parroquia do concello de Celanova.. Chamáchesme dos da néboa/ porque paso o río Limia;/ eu chámote porreteiro,/ ceboleiro de Xendive Xaquín Lorenzo Fernández, 62. Xendive é lugar de San Salvador de Torno, Lobios. Xaquín Lorenxo explica que chaman “os da néboa” á xente do val do río Limia, por ser frecuentes as néboas que se producen no inverno, e que “ceboleiros” son os veciños de Xendive.. Dónde son ises mociños,/ donde son, donde serán?/ Son do lugar de Xendive,/ veciños do San Xoán Xaquín Lorenzo Fernández, 71. No lugar de Xendive hai unha capela dedicada a San Xoán.. Enamorar, enamoreime/ alá no lugar das Ribas,/ a rapaza non me quere,/ dime que busque outra vida Xaquín Lorenzo Fernández, 74. Pode tratarse do lugar de Ribas de Araúxo, na parroquia e concello de Lobios, se ben Xaquín Lorenzo fala doutro Ribas en Calvos de Randín (hoxe non hai tal no Nomenclátor).. Eu hei de irme ó Xurés/ con estas miñas amigas;/ habemos botar un neto/ i habemos mercar sardiñas Xaquín Lorenzo Fernández, 81. A Nosa Señora do Xurés, a cuxa romaría alude esta cantiga, levántase no lugar de Vilameá, parroquia de Río Caldo.. Eu subín por unha liña/ e baixei por un cordón,/ teño un amor en Ganceiros,/ non me sai do curazón Xaquín Lorenzo Fernández, 84. Ganceiros é un lugar da parroquia de San Salvador de Torno.. Fai un ano que viñemos,/ un ano non é un mes,/ fai un ano que viñemos/ co pretesto do Xurés Xaquín Lorenzo Fernández, 84. Refírese á festa de Nosa Señora do Xurés, o 8 de xullo.. Fun ó San Lorenzo ás Quintas/ i a Santa Eufemia a Parada:/ as mociñas de Requeixo/ son as que botan a vaia Xaquín Lorenzo Fernández, 85. Botar a vaia é botar un desafío. As Quintas será o lugar da parroquia e concello de Lobeira, aínda que hai máis; Santa Eufemia de Parada é unha parroquia do mesmo concello; Requeixo é lugar de San Mamede de Grou, do concello de Lobios.. Había de ir a Xendive,/ mais a Xendive non vou/ que se me caiu a saia/ no San Mamede de Grou Xaquín Lorenzo Fernández, 86. Xendive é lugar de San Salvador de Torno; a parroquia de San Mamede de Grou celebra a festa o 7 de agosto.. Hai unha mociña en Grou/ con tanto garbo e salero/ que cando vai paseando/ casque parez un torero Xaquín Lorenzo Fernández, 87. Non se pode saber a que Grou se refire: en Lobeira hai dúas parroquias con ese nome (San Martiño de Grou e Santa Cruz de Grou) e outras dúas en Lobios (San Martiño de Grou e San Mamede de Grou).. Hei de ir ao San Roque a Lobios/ i á Santa Eufemia a Parada,/ que as mociñas de Lubeira/ son as da chave dourada Xaquín Lorenzo Fernández, 88. No orixinal: Lovios. Xaquín Lorenzo explica que son as festas de Lobios (aínda que a parroquia está baixo a advocación de San Miguel) e de Parada (do Monte), esta no concello de Lobeira. As festas son o 17 de agosto e o 16 de xullo, respectivamente.. Iste lugar de Silvares/ ninguén me diga mal de ile,/ puxarei pola espada,/ porei a vida por ile Xaquín Lorenzo Fernández, 90). Silvares é lugar de San Mamede de Grou, Lobios.. Miña Virxe de Xurés/ baixaivos ao areal/ que lle leva o millo a seca/ ás calaceiras do val Xaquín Lorenzo Fernández, 103. Para implorar pola chuvia báixase a imaxe da Virxe do Xurés á parroquia de Río Caldo, situada no val.. Miña Virxe do Xurés,/ iste ano alá hei de ir,/ heille de levar un ramo/ que do ceo me ha de vir Xaquín Lorenzo Fernández, 103.. Miña Virxe do Xurés,/ iste ano alá non vou:/ tiña o diñeiriño xunto/ e non sei quen mo levou . Miña Virxe do Xurés,/ que tan alta se foi pór,/ entre toxos e carqueixas/ e carballos darredor . Miña Virxe do Xurés,/ que tan alta se foi pór/ pra lle dar os boenos días/ o domingo do Señor . Miña Virxe do Xurés,/ quérena subir arriba;/ as mozas de Vilameá/ choran que parten a vida (Xaquín Lorenzo Fernández, 103. Refírese a Vilameá, lugar da parroquia de Rio Caldo. Miña Virxe do Xurés/ eu ben a vi ao sol posto/ cunha rosiña na mau/ i outra na mazá do rostro . Miña Virxe do Xurés/ eu iste ano alá non vou/ polo mor dos alborotos, malia quen os armou Xaquín Lorenzo Fernández, 103. No orixinal: alborostos [sic], quénos, armóu. Fai referencia ás frecuentes liortas que tiñan lugar nas festas populares... Miña Virxe do Xurés/ ten o tellado de vidro/ que llo deu un mariñeiro/ que andaba no mar perdido . Miña Virxe do Xurés/ ten un xustillo vermello;/ dálle o sol pola ventana,/ relumbra coma un espello Xaquín Lorenzo Fernández, 103. No orixinal: bermello.. Miña Virxe do Xurés/ ten unha ventana nova/ para ver aos portugueses/ como tocan a viola . Niste lugar 'de la Vila'/ non hai moza que apareza:/ quedou Rosa da Fachesa/ cun penedo na cabeza Xaquín Lorenzo Fernández, 108. Pode tratarse da Vila, lugar da parroquia de San Vicente de Lobeira (concello de Lobeira), ou da Vila, lugar da parroquia de San Martiño de Araúxo (concello de Lobios); Xaquín Lorenzo non se decanta por ningún dos dous lugares.. Niste lugar 'de la Vila'/ non hai mozas que rondar;/ hai unhas poliñas novas,/ mozos, deixalas criar Xaquín Lorenzo Fernández, 108.. Niste lugar de Requeixo/ hai un pociño de bogas,/ mais o que as ha de pillar/ ten que gastar catro solas Xaquín Lorenzo Fernández, 108. Requeixo é lugar de San Mamede de Grou, parroquia do concello de Lobios.. Niste lugar de Requeixo/ hai un pociño de neve;/ eu quixera beber nil,/ meu curazón non se estreve . Niste lugar de Requeixo/ no medio quero decer,/ hai un piñeiriño verde/ que alumea sen arder . No lugarciño das Quintas/ amores hei de tomar,/ á entrada ou á saída/ ou no medio do lugar Xaquín Lorenzo Fernández, 109. Hai dous lugares chamados As Quintas ós que pode referirse esta cantiga: un pertence á parroquia de San Vicente de Lobeira e outro a San Mamede de Grou.. No lugarciño de Ribas/ hai unha cabalaceira/ que dá moitas calabazas/ i en cabo queda solteira Xaquín Lorenzo Fernández, 109. Pode tratarse do lugar de Ribas de Araúxo, na parroquia e concello de Lobios, se ben Xaquín Lorenzo fala doutro Ribas en Calvos de Randín.. Non quero casar en Crasto,/ que é terra de penedos;/ heime casar en Xendive,/ que é terra de moitos grelos Xaquín Lorenzo Fernández, 111). Xendive é lugar de San Salvador de Torno, no concello de Lobios.. Nosa Virxe do Xurés/ a súa capela cai:/ mozas de Vilameá,/ quitaille a tella, quitai Xaquín Lorenzo Fernández, 113. No orixinal: sua. Vilameá é lugar da parroquia de Río Caldo, concello de Lobios.. O lugarciño do Corgo/ ó lonxe parece vila/ se non foran os canastros/ que están no lado de riba Xaquín Lorenzo Fernández, 119). Corgo é lugar da parroquia de San Mamede de Grou, concello de Lobios..