A ditadura militar no Brasil foi instaurada o 1 de abril de 1964, após un golpe de estado das Forzas Armadas brasileiras, co apoio do goberno dos Estados Unidos contra o presidente João Goulart.
Historia esquerda|miniatura|Manifestación durante a ditadura militar. miniatura|Monumento Tortura Nunca Mais homenaxe ás vítimas da ditadura militar de 1964-1985, en Recife. |esquerda
Golpe O golpe militar foi liderado por José de Magalhães Pinto, Adhemar de Barros e Carlos Lacerda, entón gobernadores dos estados de Minas Xerais, São Paulo e Guanabara.
O golpe foi planeado e iniciado polos mandos do exército brasileiro e contou co apoio de case todos os membros de alto rango do exército, xunto coa Igrexa católica e os anticomunistas. Foi apoiado polo Departamento de Estado dos Estados Unidos a través da súa embaixada en Brasilia.
Duración e represión A ditadura brasileira durou 21 anos, até o 15 de marzo de 1985. miniatura|Artistas brasileiras protestando contra a ditadura militar. Na imaxe, Tônia Carreiro, Eva Wilma, Odete Lara, Norma Bengell e Cacilda Becker A ditadura censurou todos os medios de comunicación, e torturou e exiliou aos disidentes. João Figueiredo chegou a presidente en marzo de 1979; nese mesmo ano aprobou a Lei de Amnistía polos delitos políticos cometidos a favor e en contra do réxime.
O goberno militar do Brasil foi un modelo para outros gobernos militares en América do Sur e América Latina. En 2014, case 30 anos despois da caída do réxime, o exército brasileiro recoñeceu por primeira vez a tortura e o asasinato de disidentes políticos. En maio de 2018, o goberno dos Estados Unidos publicou un memorando, escrito por Henry Kissinger, no que confirmaba que o liderado do réxime militar brasileiro estaba plenamente consciente do asasinato de disidentes. Dise que 434 persoas foron confirmadas mortas ou desaparecidas e 20.000 persoas foron torturadas durante a ditadura militar no Brasil.
Fin da ditadura O presidente João Figueiredo finalmente impulsou o país á democracia e apoiou a transferencia do poder ao goberno civil. En 1981 o Congreso promulgou unha lei sobre a restauración das eleccións directas dos gobernadores estatais. Tancredo Neves foi elixido por un colexio electoral para substituír a Figueiredo en 1984.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Historia do Brasil