Francisco Bolón Moreira, nado en Carballo, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria Comerciante en Carballo. Nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 foi elixido concelleiro de Carballo como integrante da ORGA, e despois elixido alcalde de Carballo. Como alcalde propuxo construír un monumento as mártires de Sofán por subscrición popular, comezando o propio concello cunha cantidade. Cesou como alcalde en 1932. Volveu ser alcalde a finais de 1935. En xullo de 1936 era primeiro tenente-alcalde de Carballo.El Pueblo Gallego, 18-7-1936, p. 2. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi xulgado na Coruña por rebelión e condenado a cadea perpetua. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en marzo de 1942.BOE, 22-3-1942, p. 1511.
Vida persoal
Casou con Dolores Varela Landeira e foi pai de Concepción, José Francisco e Carmen Dolores Bolón Varela.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Concelleiros das corporacións republicanas
Categoría:Alcaldes de Carballo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Carballo