William Howard Brett, nado en Cleveland, Ohio, o 31 de decembro de 1893 e finado en Palm Desert, California, o 10 de abril de 1989, foi un home de negocios estadounidense, director da Casa da Moeda dos Estados Unidos desde 1954 a 1961.
Traxectoria
Primeiros anos e formación William H. Brett era fillo de Alice L. Allen e do bibliotecario público de Cleveland William Howard Brett."Brett, William Howard". Encyclopedia of Cleveland History. Case Western Reserve University. A súa primeira educación recibiuna en escolas públicas de Ohio.Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxinas 164-165.
Posteriormente cursou estudos superiores no Dartmouth College, unha institución universitaria privada de Hanover, Nova Hampshire,"William H. Brett, 95, Former Mint Director". The New York Times. 13 de abril de 1989. e completounos cun último curso na Tuck School of Business Administration, na que se graduou en 1916.Smith, P. (2012). Páxina 52.
Durante a primeira guerra mundial serviu no exército estadounidense co rango de primeiro tenente, entre 1917 e 1918, no campo de adestramento de Fort Myer, en Virxinia.
Home de negocios Finalizada a contenda, Brett regresou a Ohio, onde transcorreu a súa traxectoria profesional, como enxeñeiro e como home de negocios, vinculado a varias empresas. Foi un dos socios da compañía Perfection Spring; en 1919 ingresou como enxeñeiro industrial na compañía Scovell, Wellington & Co., ata que en 1921 foi nomeado vicepresidente e director de Enamel Products, e en 1943 ocupou os mesmos postos en Aliance Ware.
Director da US Mint
En 1954, o presidente Dwight D. Eisenhower nomeouno director da Casa da Moeda dos Estados Unidos (US Mint), cargo que ocupou entre xullo dese ano e xaneiro de 1961."Former Directors of the United States Mint". United States Mint. Durante a súa dirección levouse a cabo a reorganización da institución para reducir custos e mellorar a súa eficiencia operativa: modernizáronse os equipamentos e ampliáronse as instalacións da Ceca de Filadelfia, e cesou a actividade noutros centros, como a Ceca de San Francisco e a oficina de ensaios de Seattle.
Logo do seu retiro como director da ceca pública exerceu como asesor financeiro e residiu en Washington.
Vida familiar William H. Brett casou en 1917 con Catherine Ruth Connelly —finada en 1975—, con quen tivo un fillo e unha filla. En segundas nupcias casou con Mary Lynn Marburg.
Brett finou por causa do cancro de páncreas que padecía na súa casa de Palm Desert, California, o 10 de abril de 1989, aos 95 anos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Medals of the United States Mint. US Government Printing Office. Smith, P. (2012). "Brett, William Howard". En American Numismatic Biographies. Outros artigos Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos
Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Nados en Cleveland, Ohio Categoría:Alumnos do Dartmouth College Categoría:Directores da Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Finados por cancro de páncreas