Dolores Varela Salgado, nada en Pontevedra o 18 de decembro de 1954, é unha profesora e escritora galega.
Traxectoria dereita|miniatura|Dionísio Pereira, David Simón e Lola Varela na Casa da Viúva da Gudiña.
dereita|miniatura|Na presentación de Ám@me de Amada Traba e Mercedes Oliveira.
Estudou Xeografía e Historia, especialidade en Historia Contemporánea, na Universidade de Santiago de Compostela, e foi profesora de Lingua e literatura castelá no ensino secundario dende 1981 até a súa xubilación en 2019. Exerceu en Cariño, Orihuela, Madrid, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e mais no Instituto Español Melchor de Jovellanos de Alhucemas (Marrocos). Ocupou diversos cargos directivos e dirixiu grupos de teatro nos centros en que traballou.
Implicada no movemento feminista, en 1976 foi membro da primeira xunta directiva da Asociación Universitaria para o Estudo do Problema da Muller (AUPEPM). Dedicouse á formación en educación en igualdade, coeducación, educación afectivo-sexual e prevención da violencia de xénero, tanto para o alumnado de secundaria como nos centros de formación do profesorado de Galicia e no Servizo Galego de Igualdade. Levou adiante iniciativas pioneiras na formación do alumnado como os Obradoiros de Igualdade, elaboración do Plan de Igualdade, creación dun Decálogo de Igualdade, ou o blog Educando en Igualdade. Tamén ten investigado sobre a represión contra a muller baixo o franquismo.
Despois da súa xubilación segue a colaborar en prensa e impartindo charlas formativas. En 2022 publicou o volume Feminismo de proximidade, recompilación de artigos publicados en prensa, relatorios e outros traballos realizados entre 2019 e 2021. Residente no rural, estivo na directiva da asociación de mulleres de Cerdedo Espadela, e presidiu a asociación ecoloxista e cultural Verbo Xido entre 2006 e 2012. Formou parte do Colectivo Vences canda a Íñigo Berriochoa, Mercedes Conde, Alberte Pagán e Dionísio Pereira. Ademais, é membro da xunta directiva da Sociedade Galega de Sexoloxía.
Recoñecementos Premio IRENE: la paz empieza en casa, do Ministerio de Educación, polo traballo "Mellorando a convivencia entre iguais" (2011; xunto a Luisa Fernanda Arís García, do IES A Xunqueira I) X Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento Vicente Ferrer, da AECID e o MEFP, polo proxecto "Acciones y conexiones en educación para el desarrollo" do Instituto Jovellanos de Alhucemas (2018, xunto a Esther Mato, xefa do departamento de Orientación)
Obra A muller na Historia, en colaboración con Dionísio Pereira. Historia Universal nº 29. A Nosa Terra, 1998. El Instituto Español Melchor de Jovellanos cumple medio siglo. Instituto Español Melchor de Jovellanos, 2018. Feminismo de proximidade. Companha Editora, 2022. Colaboracións en obras colectivas Prólogo de Pasado, presente y futuro del pensamiento libertario. Memoria I Jornadas Internacionales de debate libertario, en colaboración con Dionísio Pereira. Fundación Salvador Seguí, 1988.
“Fotografía social e memoria histórica” e “Análise das fotografías da Jefatura Provincial del Movimiento en Pontevedra, concellos de Cerdedo e Forcarei” en Desmontando a propaganda franquista, en colaboración con Dionísio Pereira. Deputación Pontevedra, 2022. Notas
Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Feministas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela