miniatura|dereita|300 px|Estrutura química da cadaverina. miniatura|dereita|300 px|Descarboxilación da lisina orixinando cadaverina.

A cadaverina (NH2(CH2)5NH2) é unha poliamina do grupo das diaminas producida pola descarboxilación do aminoácido lisinaPubChem Compound Cadaverine catalizada pola encima lisina descarboxilase (LDC). A cadaverina tamén se chama 1,5-pentanodiamina e pentametilenodiamina. É unha diamina tóxica e fedorenta semellante á putrescina. Ambas as dúas orixínanse durante a putrefacción dos tecidos animais, na que interveñen bacterias saprófitas, pero a cadaverina non se asocia unicamente á putrefacción, xa que os seres vivos tamén a producen en pequenas cantidades e é parcialmente responsable do cheiro característico dos ouriños e do seme.

Historia A putrescina Ludwig Brieger, "Weitere Untersuchungen über Ptomaine" [Further investigations into ptomaines] (Berlin, Germany: August Hirschwald, 1885), page 43. e a cadaverinaLudwig Brieger, "Weitere Untersuchungen über Ptomaine" [Further investigations into ptomaines] (Berlin, Germany: August Hirschwald, 1885), page 39. Na páxina 39 lese: Chameille á nova diamina, C5H16N2, "cadaverina", xa que, á parte da súa composición empírica, que facía que esta nova base parecese superficialmente un hidrido de neuridina, non había indicios que xustificasen que o fose. foron descritas por primeira vez en 1885 polo médico alemán Ludwig Brieger (1849–1919).Breve biografía de Ludwig Brieger (en alemán).

Importancia clínica Atopáronse elevados niveis de cadaverina nos ouriños dalgúns pacientes con defectos no seu metabolismo da lisina.

Toxicidade A cadaverina é tóxica a altas doses. Nas ratas obsérvase unha toxicidade oral aguda de máis de 2000 mg/kg de peso corporal.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Poliamina Putrescina

Categoría:Compostos químicos Categoría:Aminas Categoría:Poliaminas